tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Móbiles detonadores?

mobil vs electricidade estáticaO Regulamento de Circulación prohibe repostar nunha gasolineira se tes acesos dispositivos emisores de radicación electromagnética, como teléfonos móbiles.

Esta prohibición sempre me chamou a atención. Realmente un teléfono móbil é capaz de provocar unha ignición do combustible? Teñen as ondas electromagnéticas ese perigoso potencial?

Non sei, pero paréceme moi raro, e sóame a lenda urbana transformada en norma.

Creo que hai cousas máis perigosas á hora de provocar a combustión nunha gasolineira. O combustible arde facilmente se provocamos unha chispa. Iso pódese producir cun chisqueiro, ou simplemente por unha descarga da electricidade estática acumulada na roupa.

Acumular electricidade estática dentro dun automóbil é bastante probable, especialmente se levas roupa sintética e calzado de goma. Se tocas un obxecto metálico nesas condicións prodúcese unha chispa, o que pode provocar a ignición do combustible. Iso é o que lle pasou á muller do vídeo:

Aínda que facer arder o combustible pola electricidade estática paréceme pouco probable, eu creo que é bastante máis perigoso que ter o teléfono móbil funcionando. De tódolos xeitos fagámoslle caso ás normas, máis que nada por se nos poñen unha multa.

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.