tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Novo curso, nova sección

Despois dun verán de desconexión total penso que xa é hora de ir mentalizándose para enfrontar o novo curso que comeza. A ver se arrincamos!

De momento podo anunciar que este blogue vai contar cun colaborador: Daniel R. Pizarro @Tecnocoia, profesor de Tecnoloxía no IES Alexandre Bóveda (Vigo), que nos traerá de forma periódica recomendacións e crítica literaria sobre ciencia e tecnoloxía (ensaios, ciencia ficción, banda deseñada, …) abrindo unha nova sección “Tecnolecturas“.

Benvido!!

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

2 Comments

  1. Parabéns pola nova incorporación e pola nova sección.
    Ánimo co novo curso!

  2. Grazas polos parabéns. Dani non vos vai defraudar coas súas recomendacións literarias, xa veredes.
    Feliz curso tamén para ti!

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.