tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

O timo dos purificadores de auga

Hoxe vai un off-topic, pois non vou falar de tecnoloxía, senón de química. O post saíume un pouco longo, pero non quería deixar fóra detalles.

Isto vén a conto da visita á miña casa dun comercial dunha empresa de purificadores de auga, que se ofreceu a analizar a auga de consumo da miña vivenda e facer una demostración da súa pureza. Nunca recibo vendedores a domicilio, pero neste caso tiña curiosidade polo que ían contar xa que soábame que había un timo por alí agochado.

Recoñezo que a química téñoa bastante esquecida, pero non o suficiente para darme de conta do fraude da demostración. Isto foi o que pasou:

A preparación

Despois da presentación, o comercial pediunos 4 vasos de auga.

1- Auga da traída.
A auga da traída vén clorada para desinfectala e evitar a proliferación de microorganismos patóxenos. Este cloro atópase na auga en forma iónica Cl ou combinado con outros elementos, sobre todo hipocloritos ClO.

2 – Auga purificada
Tratou a auga da billa mediante un trebello de osmose inversa que levaba nunha maleta, similar ao da imaxe:
osmosis_trebello.jpg

A osmose inversa é un proceso físico que consiste en facer pasar auga a través dunha membrana semipermeable dende unha solución máis concentrada a unha menos concentrada mediante a aplicación de presión. As sales en disolución quedan retidas na membrana.
osmosis.jpg

3- Auga fervida
Ao ferver a auga da traída, a auga pura evapórase e aumenta a concentración de sales en disolución.

4- Auga mineral
Contén moitas sales en disolución, como poden ser sales de sodio, magnesio, calcio, etc.. Podédelo ver no etiquetado das botellas.

Unha vez colocados os vasos enriba da mesa comezou a festa.

Cloro canceríxeno?

O primeiro que soltou foi que o cloro da auga é tóxico, provoca cancro e infinidade de enfermidades. A intención non é outra que asustar á xente sobre o consumo de auga da traída.

sal.jpgVaia! Entón ollo con botarlle sal á comida. O sal común é cloruro de sodio, NaCl, que ao disolverse na auga sepárase nos ións Cl e Na+. Como pode dicir que o cloro canceríxeno?

O que si é tóxico é o gas cloro Cl2, pero non é precisamente gas cloro o que atopamos na auga que temos na casa.

En referencia ao cloro da auga, non está demostrado cientificamente que os compostos derivados provoquen cancro, aínda que algúns xornais publicasen artigos sensacionalistas dicindo que si. O que si está demostrado é a súa eficacia na desinfección da auga, e hai que ter en conta que as augas urbanas están sometidas a estritos controis de calidade periódicos.

Eses horribles electrólitos

Despois de poñer o cloro coma un veleno que debíamos evitar a toda costa se non queríamos morrer de cancro dixo que ía determinar a cantidade que levaba cada un dos vasos que había enriba da mesa.

conductivimetro.jpgO primeiro que fixo foi utilizar un condutivímetro.

Como o seu nome indica, mide a condutividade da disolución, e determina así a concentración de electrólitos que contén en ppm (partes por millón)
Os electrólitos son ións, que ao seren partículas cargadas responden cando aplicamos unha diferencia de potencial. Canto maior sexa a concentración de sales maior condutividade terá a auga.
Esta sales poden ser Na+, Cl, Ca++, ClO, etc.

Despois de facer a proba comprobouse que a maior concentración de electrólitos tíñaa a auga mineral, logo a fervida, logo a da traída, e a purificada practicamente non tiña.

Claro que o comercial non o explicaba así, senón que se aproveitaba de que non todo o mundo sabe o que é un electrólito e daba a entender que o que estábamos medindo era a concentración de substancias perigosas e contaminantes da auga. Vamos, que todas as augas teñen unha concentración elevadísima de algo horrible excepto a purificada co seu aparello.

O cloro pégase á comida!

ortotolidina.jpgPara demostrar doutro xeito a concentración de cloro na auga fixo un novo experimento. Botou unhas gotas de ortotolidina en cada un dos vasos. A ortotolidina reacciona co cloro disolto e tinxe de amarelo a disolución. Canto maior sexa a concentración de cloro máis escura resulta.

Hai que ter valor para dicir que o cloro é canceríxeno e que logo utilice ortotolidina para a demostración, composto que está catalogado como probable canceríxeno humano pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e o Centro Internacional de Investigacións contra o Cancro (CIIC). De feito xa está retirado o seu uso nos test de cloro das piscinas.

Evidentemente a auga tratada por osmose inversa quedou completamente transparente.

O seguinte foi dicir que o cloro se pega á comida e estámolo consumindo, nun ton que vía a dicir algo así como que esta substancia horrible, canceríxena e tóxica é absorbida pola comida.

Para facer a demostración pediunos unha mandarina, partiuna pola metade e meteuna nun vaso. Ao cabo dun tempo desaparecía a cor amarela da auga, e a conclusión foi que “o cloro pégase aos alimentos e estádelo consumindo!”

aceitunas.jpgVaia, pois iso é o mesmo que cando metemos unhas anchoas en sal. O cloruro sódico é absorbido por elas. O mesmo ocorre con esas olivas que comemos, que non viñan salgadas da oliveira. As sales absórbense polas células dos organismos, pero iso non ten por que ser prexudicial. Pero claro, se non pensamos niso e nos deixamos sorprender polo experimento da desaparición do ton amarelo caemos na trampa.

Toda esa porcallada que leva a auga que bebemos.

electrolisis.pngO último experimento foi unha electrólise en cada un dos vasos de auga.  A electrólise é unha reacción química que se produce aplicando a electricidade.

Necesítase unha disolución con contido en electrólitos (sales disoltas, como Cl-) para que funcione como medio condutor eléctrico. Aplícase corrente continua mediante uns electrodos (ánodo e cátodo) de xeito que os ións son atraidos por cada electrodo segundo a súa carga.
Nos electrodos prodúcese unha transferencia de electróns entre os elementos que forman o electrodo e os ións, producíndose novas substancias.

Non estou segura da composición dos electrodos do aparello que utilizou, pero parecéronme de aceiro e aluminio. Tampouco sei cal é exactamente a reacción química que se produciu (e se alguén a sabe agradézolle que mo diga), pero ao facer a electrólise en cada un dos vasos obtívose o resultado dun precipitado noxento en cada un deles, excepto no da auga purificada, xa que ao eliminarlle os electrólitos non produce a reacción.
Supoño que se trata dun precipitado de ferro.

vasos.png
(imaxe collida de aquí)

A mensaxe do comercial era que todo ese precipitado que estabamos a ver eran substancias que se atopaban na auga que consumimos, era a porcallada que leva agochada e que non se ve, e que grazas ao seu experimento sacabámola á luz.

De novo aprovéitanse do descoñecemento da xente, pois non todo o mundo sabe o que é unha electrólise e que nesa reacción se producen novas substancias, e fan crer que todo iso estaba na auga.

O final

O comercial xa se dera de conta que na miña casa non ía vender nada, e deixou sen explicarnos cousas que tiña preparadas. A intención era a de vender un purificador de auga de nada menos que 2.500 €.

Están indo polas casas e pisos de moitas cidades de Galicia, e aprovéitanse da xente maior sen estudos e preocupada pola súa saúde para facerlle crer que a auga da traída, a do pozo ou a auga mineral embotellada son malísimas. Non é que o aparello que venden sexa malo (o prezo si), pero dende logo que os métodos que empregan para convencer á xente son un auténtico timo.

Síntome na obriga, polo tanto, de avisar destes feitos para evitar na medida do posible que máis xente sexa vítima deste fraude. E tamén destacar a importancia de que a ciencia e a tecnoloxía formen parte da cultura da poboación. A incultura científica e tecnolóxica fainos vulnerables ante aos fraudes, timos, crenzas e lendas urbanas.

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

97 Comments

  1. Pingback: chuza.org

  2. Pingback: El timo de los purificadores de agua

  3. Agradécese a mencion o meu blog :)

    Hai un tempo que tratei o tema porque una rapaza tentou timar á miña avoa. Vexo que seguen coa mesma táctica.

  4. De nada, Manuel. Buscando información na rede sobre isto atopei a túa anotación e collinche prestada a imaxe dos vasos. A verdade é que case non se atopa nada sobre estes feitos e cómpre denuncialo.

    • moito veneno tes Maria L, ou nos tes que facer que seguramente e o que pasa, como ti non o podes ter dedicaste a insultar, ti seguro que traballaches en aguatec e te botaron por incompetente. ala a rascala.

      • ahh, eu fai 4 anos que comprei un a aguatec e estou encantado e verdade que costou 1980€ pero teño un servicio técnico gratuito e ademas o comprei despois de unha demo como ti dis engañosa vete por ai……. venga ya solo che fan caso os que son coma ti, paletiños……………

        • A ajua douna dios d valde,nunca pasou nada e veñen ahora con estas comenensias,anda yaaaa !!! Todo é un timo,e admaaais con ese precio xfavoooorrr….

  5. Diras todo lo que quieras pero de la ósmosis hay pruebas feacientes de que funciona!!

  6. Si Alex, si funciona, pero nadie dijo lo contrario, de hecho está explicado arriba cómo funciona, pero de ahí, al invento de los venenos del agua es otra cosa. Aquí se aprovechan de la falta de sales en el agua, para hacer diferentes experimentos eléctricos con agua purificada, y asustar a los señores/as con que están bebiendo veneno… Hacen cosas parecidas para venderte unas máquinas en las que metes los pies en agua y supuéstamente eliminas toxinas por ahí…

    Alex / 20/03/10, 2:30:

    Diras todo lo que quieras pero de la ósmosis hay pruebas feacientes de que funciona!!

  7. En la miña casa tambien quixieron timarnos, menos maal que estabamos sobre aviso. Graciñas.

  8. Yo tengo ese cachorro de la foto y me costó menos de 200 euros. 2500 euros es un timo.

  9. co teu permiso marquei un enlace no facebook.xa coñecia os feitos pero me parece necesario a sua maior difusion. En alguns aspectos e como consumidores, estamos na practica igual de desprotexidos que hai 330 anos fronte a desfachatez,o “todo vale”,e os abusos da suposta libertade comercial.
    Grcias polo artigo.

  10. Grazas a ti por difundilo, Moncho.

  11. consteste a una encuesta en la calle que me digeron que era para “mejorar la calidad del agua” y facilito mi teléfono a la encuestadora por si queríán comprobar que realmente había hecho la encuesta.
    más tarde recibo una llamada de la empresa FILTRAVEDRA, de Lérez-Pontevedra, donde me ofrecen uno de estos aparatos. les contesto tajántemente que no, y la comercial que me llama termina insultándome.

  12. Interesantísimo post, María. Parabéns.

  13. Hola,

    No sólo es que estén mintiendo a la hora de hacer sus “demostraciones”, es que además utilizan las técnicas de marketing más rastreras para lavarle el cerebro a la gente y presionarles a hacer la compra. En mi casa utilizaron argumentos del tipo que “sólo les hacía falta una venta para que les renovaran el contrato”, una renovación que les era imprescindible por su situación familiar… le llegó a decir a mi madre que se imaginase que fuera su hijo el que estubiera en esa situación. Etc, etc.

    Mis padres, que se dejan la piel trabajando por cuatro duros, y que se privan de muchísimas cosas para hacer unos ahorrillos, terminaron picando. Cuando llegué yo a casa les dije que ni de coña, que lo cancelaran y claro, ellos habían dado su palabra y no querían volverse atrás. Al final entraron en razón pero tanto les habían lavado el cerebro y se sintieron tan presionados que mi madre terminó hasta llorando.

    El tio, cuando se enteró todavía tuvo la desfachatez de llamar todo enfadado diciendo que nos iba a llevar el purificador igual porque a él le habían dicho que lo compraban y que ahora no se podían volver atrás. Me considero hombre pacífico pero después de todo el show si llega a aparecer por casa no me hago responsable de mis actos.

    Esta gente debería estar en la carcel por estafa.

  14. O que non entendo é que sigan con este tipo de campañas e que non se lles parase os pés, sabendo que levan anos facendo o mesmo. Supoño que non é doado demostrar estes feitos, a non ser que poñas unha cámara na casa e graves todo o que fan.

  15. Si que son unos estafadores…Te quieren cobrar 2.500€ ó 3.000€, por un purificador de osmosis que cuesta como maximo 350€ en L.M.

  16. El vendedor es un estafador (porque miente para vender), pero creo que la mayoría de las personas que compran purificadores no lo hacen por “sanidad” sino para eliminar el mal sabor que a veces tiene el agua del grifo (por cierto, la mayoría de las personas que usa agua embotellada lo hace también por el mal sabor del agua del grifo).

  17. yo compre un purificador de agua a Filtravedra en el año 2008,el agua de micasa es de pozo y era no potable(la habiamos llevado a analizar a la farmacia de mi madre),me llamaron por telefono y accedimos a recibirlos en nuestra casa.En todo momento fueron muy correctos,de echo fuimos mi señora y yo los que quisimos saber el precio del producto ya que sabiamos del problema de nuestro pozo.El caso es que nos instalaron un purificador de osmosis inversa,una luz ultravioleta y unos filtros a la salida del pozo y el agua ahora es apta para el consumo,nos costo todo sobre 2000e y nos dieron facilidades de financiacion.Y lo mejor y mas importante es que vienen una vez al año a casa a revisar la instalacion sin cobrarnos nada.Antes de tener el purificador nos gastabamos sobre 100e al mes en agua de botella y ahora pago 60e por el purificador,es decir nos ahorramos dinero y ganamos en salud.

  18. Jesús, se buscas por aí podes atopar purificadores de moi boa calidade por 300 ou 400 € . 2000 € a min paréceme excesivo

    De tódolos xeitos aquí non se critica a calidade ou eficacia da purificación, senón o o fraude no proceso de venda. Unha cousa é mercalo porque che interesa, e outra que o merques polo medo que che meteron no corpo ao dicir que coa auga que bebes podes ter cancro ou que está chea de porcallada. Utilizar o medo e a mentira para vender é detestable. Haberá empresas que non mintan para vender, pero son moitas as que si o fan.

  19. Buenas tardes a todos, yo soy una de las clientas que compro el Purificador de Agua, y realmente no estoy de acuerdo con muchos de vosotros. En base a lo que comentais sobre el precio, si es verdad, puede costar 2.000 € pero tienes un servicio técnico de por vida totalmente gratuito, mientras que si compras por tu cuenta un purifiacdor de agua de esos de 400€ que deciis, que haceis si os estropea??? cuanto os cobran por desplazameinto y reparación??… Yo estoy realmente contenta, ya que tienes cualquier problema técnico y al día siguiente te lo arreglan y sin coste alguno. Creo que hay que mirar todoo, no solo precio. Y por supuesto que todas las empresas no son iguales..

    • Eu tamén tiven a visita de ises sinvergonzas.Viñeron visitar a meus pais cando eu estaba alí e todo que fixo o comercial foi facer pseudo experimentos e usar terminoloxia tecnica pra tentar de convencer das maravillas do seu filtro.O climax chegou co experimento onde poñía dous vasos de auga nun aparato de electrolisis, un vaso de auga que pasara polo filro e outro que non.No vaso de auga que non pasara polo filtro escomenzou a aparecer unha porcallada proba das marvillas do seufiltro,entón dixenlle que invertira os vasos , a faciana mudoulle de coor, votoume improperios e a decirme que non sabia nada de ciencia.Bueno isto todo, pra confirmar que as tecnicas de venta e os prezos son senxelamente estafas.Ademais o concellos analizan regularmente a calidade da auga de fontes e traida. Tamén decir que a auga en Galiza non e calcarea e non fan falla sistemas anti cal

    • Un equipo de ósmosis inversa de ese tipo cuesta entre 75 y 150 euros, dependiendo si lleva bomba o no. Un equipo ultravioleta para desinfección de hasta 2,2 m3/hora de caudal, no debe pasar de 500 euros. cobrar 2.500 euros por un equipo de esas características es como mínimo una barbaridad.
      Si lo que pretende es mejorar la calidad del agua de la red municipal, con ponerle un filtro de carbón activo, que eliminaría el cloro residual, es más que suficiente y entonces con 50 euros estamos más que servidos.

  20. Unha pregunta, Bea: ¿Mercaches o “purificador” de auga despois dunha demostración como a que se describe neste post?

  21. Hola Maria soy Jesus y ya se q hay purificadores de menos dinero,pero no tienen garantia sanitaria ni de por vida como el que nosotros compramos a Filtravedra y te aseguro que en mi casa no hubo ningun fraude,de haberlo lo sabria pues soy abogado,de hecho el comercial nos facilito un documento de revocacion para poder devolver el producto.AH te recomiendo q leas el estudio del CSIC que relaciona el cloro con el cancer de vejiga,de hecho el agua la empiezan a tratar con ozono y en las piscinas con soluciones salinas,por algo sera.De todas formas no estas enfocando el problema desde el lugar correcto,preguntate porque en el 80% de los pueblos de Pontevedra no hay alcantarillado en el siglo XXI,preguntate porque el 85% de los pozos son no potables(como era mi caso),preguntate porque las empresas vierten contaminantes a los rios y manantiales…eso si que es un fraude porque si el agua fuese buena no venderian ni un purificador,piensa en ello.

  22. Jesús, se na túa casa non houbo ningún fraude, estupendo. Na miña casa si intentaron timarme, unha empresa que se chama aguatec, e é precisamente iso o que comento neste post, e se es avogado non estaría de máis que denunciases estes feitos ou que indicases o que se pode facer ante estas prácticas comerciais, pois desde logo que son un fraude, e se non se fai nada seguirán pasando por moitas casas enganando á xente.

    Outra cousa: os aparellos de ósmose inversa non potabilizan a auga, só eliminan os electrólitos e substancias sólidas en disolución. Bótalle gasolina ou alcohol á auga e verás como o teu trebello “purificador” non soluciona nada.

  23. Jesús y Bea, veo que en este post se critican as técnicas engañosas de venta y no la eficacia de la ósmois inversa. Estas técnicas son un timo, tenéis que reconocerlo.
    Además yo me fío más de los informes y controles públicos de sanidad que los de una empresa que puede tener intereses diferentes a los de cuidar la salud de la población. El agua de la traída es perfectamente sana y potable.

  24. Hola Maria eu a empresa augatec non a coñezo eu so coñezo filtravedra,pero imaxino que habera de todo e o que tes que facer e denuncialo onde corresponda,o que non se pode e meter todo no mesmo saco.No contrato que asinei con Filtravedra donaban un porcentaxe do prezo a asociacion española contra o cancro,incluso tiña o logotipo da a.e.c.c no contrato,ademais eu todos los anos fago analisis da auga e filtravedra me da os cartos que me costaron por eso que non vexo o timo por ningures,de todas formas pode ser que outras empresas non actuen da misma maneira,de xeito unha compañeira da miña muller ten un purificador fai 3 anos que o mercou a unha empresa de santiago e nunca lle viñeron cambialos filtros e ten a maquina desenchufada,a nos sin embargo todolos anos veñen sin necesidad de chamalos.Ah Maria mira o articulo que che dixen onte do CSIC e veras como o cloro e o cancer estan moi relacionados,por desgracia.

  25. Alberto que el agua sea potable solo quiere decir que cumple con unos parametros legales y que ademas son distintos en cada pais,no significa que sea buena para tu salud,lo unico que quiere decir potable es que es tratada,ni mas ni menos.Respecto a lo del timo te voy a dar un ejemplo muy ilustrativo,imaginate que te vas a comprar una nevera y te fijas en dos,una vale 300 y tiene 2 años de garantia y la otra 2000,pero cuando se te gaste te dan otra todas las veces que haga falta,¿tu cual comprarias?

  26. Jesús, parace que vés aquí a defender a Filtravedra e a contarnos o estupenda que é. A min iso non me interesa, pois nin sequera nomeei a esa empresa. Como di Alberto o que critico é o proceso de venda que utilizan certas empresas, que é un auténtico fraude. Enganan á xente utilizando experimentos químicos que nada teñen que ver coa calidade da auga, e calquera empresa que utilice estas técnicas de venda está estafando á xente, por moi bo que sexa o servizo que ofrezan a posteriori.
    É destacable que a que peor resultados dá en tódolos “experimentos” é a auga mineral embotellada. Malísima para a saúde?
    Non insistas, que non me convences.

  27. Maria eu so defendo o que me parece xusto pero mirando como o ves ti,o mesmo pasa coas inmobiliarias,cos vendedores de cohes…De todolos xeitos xa vexo que non interesa falar no teu blogue de cousas que ti non queiras,xa que non me dis nada da contaminacion dos pozos en Galicia,nin que moitos pueblos non teñan alcantarillado,e desde logo que nos compares o cloro ca sal comun e o no va mais, recordoche por terceira vez que leas o estudio do CSIC(centro superior de investigaciones cientificas)que relaciona o cloro co cancer de vejiga.De todolos xeitos eu douche a razon que hoxe en dia nos queren engañar de moitas formas e moitas veces pero xa todos somos maiorciños e sabemos actuar en consecuencia o que non se pode e meter a todos no mismo saco,e na miña profesion a palabra fraude e moi fuerte,non se pode dicir alegremente.Boas noites,sinto non compartir as tuas opinions pero as respeto moito.

  28. Jesús, coñezo o informe que dis, pero a relación entre o cloro da auga e o cancro non está demostrada. É unha hipótese, e non un feito. En ciencia para afirmar algo hai que demostralo.

    Utilizar os experimentos descritos neste post supón un engano, pois a condutividade non é un indicador da salubridade nin da potabilidade dun auga, e o da electrólise xa me parece o colmo, pois é unha reacción química que producen substancias novas. Estes “experimentos” só teñen como finalidade asustar á xente para convencela de que debe mercar un purificador deses, e non teñen nada que ver coas probas que se lle debe facer á auga para comprobar a pureza ou potabilidade. Estase usando o engano para vender. Non é iso un fraude, timo, estafa ou como lle queiras chamar?

    Desde logo que se alguén ten un pozo e quere comprobar a calidade da auga recomendaríalle que se puxese en contacto con organismos sanitarios públicos, e non con estas empresas que só queren encher o peto.

  29. También vinieron a mi casa hace unos meses y les eché a patadas.Son unos impresentables.
    El otro día hablaron de estas empresas en la radio. Decían que el aparato funciona bien pero denunciaban los engaños al vender en las casas metiendo miedo a la gente y el precio abusivo.
    Hacen estos experimentos en las viviendas, pero no los publican en sus páginas de internet. Por algo será. Si estas demostraciones son ciertas ¿por qué no las publican abiertamente? Es un timo.

  30. boas, grazas po lo artigo, pois acaba de sair correndo da miña casa o comercial de Acuatec, logo de que fose desmontando a sua demostracion despois que lera este artigo :D jajajajaaj partomeeeeeeeeee

  31. Alégrome de que te servise, Carlos, e agardo a que máis xente bote e eses timadores fóra das súas casas.

  32. haber eu teño un pozo levei a analizar a agua e non e potable
    que me recomendariades ?

  33. o tipo de filtravedra estuvo aqui analizou a agua do meu pozo e dixome que tiña incluso o bicho que podia ter a sarna , na agua de unha fonte de sanxenxo moi coñecida e que todos collen agua , dixo que tiña incluso adn humano por a porximidade de un cimenterio , non sei que pensar incluso di que non sirve nin para
    cociñar , si se ferve antes valdra ,,,non? non sei
    haber si me axuda algen
    moitas gracias aaaa e jesus que escribe neste foro …non traballaras para filtravedra non? digo eu

  34. Hola Jose eu traballo para min,son autonomo,o que che recomendo e que leves a auga a analizar a unha farmacia ou a un laboratorio e sabras como a tes,de todas formas a min o que me reventa e a palabra estafa hai que ter moito coidado con ela e sobre todo sabela emplear pola miña experiencia no ambito legal aseguroche que moita xente se arrepinte de habela usado.Eu solo relato a miña experiencia con esa empresa que ata o dia de hoxe e moi positiva,nada mais

  35. Jose: Sarna? ADN Humano? Eses están mal da cabeza. Cando algo se descompón (humano, vexetal, animal, ou o que sexa) descomponse completamente, incluso o ADN, así que non ten ADN, e se tivese non te faría ningún mal. Cando comes un filete tamén comes o ADN das súas células. E sarna por suposto que tampouco ten, así que por iso non te preocupes. De tódolos xeitos eses aparellos de ósmose inversa non serven para eliminar nin o ADN nin a sarna.

    O meu consello: nin caso a estas empresas de purificadores, que o único que fan e meter medo á xente para vender. Eu iría a analizar a auga a unha farmacia e poríame en contacto coas autoridades sanitarias. Seguramente no concello pódente asesorar.

    • que feliz se vive na ignorancia, a min dariame vergoña publicar isto e inda por enriba sentirme orgulloso. Eliminadeo se queredes, pero con iso non deixaredes de ser tan ignorantes

  36. un comentario para jesus , nadie di que a maquina sexa mala…pero tes que recoñecer
    que a prova que te fan cos vasos e unha fraude…
    para que fan eso? marketin supoño , xa que custa o doble que outras das mesmas caracteristicas…un saudo e que non se enfade ningen

  37. Teño unha entrevista o luns en Filtrvedra.Pero cos comentarios que estou vendo aqui non sei si presentarme,

  38. yo me compre un purificador y estoy encantadisimo con el

  39. BUENOS DIAS.Me parece muy correcto todo lo que aqui comentais,pero ahora quisiera yo exponer una experiencia.Resulta que hace unos dias una empresa del tipo de las que estais describiendo(Filtravedra o Aquatec,no recuerdo cual de las 2 fue)se puso en contacto conmigo pa hacer una presentacion de su producto,al tener dudas sobre si debia recibirlos o no pregunté a mi hermana que opinaba,ya que ella tiene un purificador desde hace un año;ella me comentó que esa misma semana iban a pasar la empresa que lleva el control periodico de su purificador para hacer la revision anual y si queria podia pedir información al técnico que asistiria asi lo hice…estando presente mientras el tecnico hacia un cambio mas que necesario de los filtros tuve que contenerme para no echar la primera papilla del asco que daba ese filtro….Lo siento Maria pero dudo de que aquello no fuese porcallada (cancerigeno o no,yo no lo cuestiono;pero perjudicial para la salud si y pongo la mano en le fuego)y quisiera que lo pudieras ver para que tu misma valoraras.Sabes que le decian a mi hermana siempre que iba a analizar su agua de pozo a la farmacia?-que era potable y que se mantenia dentro de los limites permitidos….Me gustaria saber si los limites permitidos de nuestra querida “sanidad” están por encima de la vida de mi sobrina de 3 años y no quiero ni imaginar que aquel filtro fuese uno de sus riñones,y con esto no cuestiono nada mas que los limites de sanidad y su rigurosidad a la hora de administrar y legalizar pozos.EL FIN JUSTIFICA LOS MEDIOS PARA SANIDAD TAMBIÉN O SOLO PARA ESTE TIPO DE EMPRESAS.Asi no me extraña que la gente como yo perdamos toda confianza en sanidad,esa señora sanidad que tanto mencionais y que para mi perdio total credibilidad.Muchas gracias.(que conste que no me posiciono ni a favor ni encontra de estas empresas,pero si encontra de los limites legales de sanidad para valorar el agua de consumo domestico)Un saludo.

  40. A min fixéronmo hoxe pola tarde, exactamente como contaches ti.
    Por suposto non piquei.
    Dixenlle que si costase 200 € ó mellor o compraba.
    ¡¡¡ mira que si mo chega a “cargar”!!!
    jajaja

  41. Acaban de chamarme a mí tamén para venderme este timo! Estiven un bo rato falando coa operadora para ver si me dicía que a auga era non potabel, pero fixo todo o que pudo para decir que o que pasa é que non ten calidade…
    Quería visitarme para facerme esta “proba” e colarme o engano.
    Saúdos

  42. Pingback: Capitán Nemo » Alerta co timo da auga

  43. Es una lástima que existan vendedores inescrupulosos! Le hacen mucho daño al negocio, como es habitual en ellos usan argumentos que en parte son ciertos. La ósmosis inversa es un método excelente para purificar agua ya que en un solo paso reduce todo tipo de contaminantes, incluyendo microorganismos. Sólo que el precio de 2500 Euros podría calificarse de intento de robo!! Un equipo doméstico para producir 400 Litros al día vale 200. Para quien no desea gastar tanto y cuando el agua de la red es bastante buena desde el punto de vista químico, lo más adecuado es usar un filtro de carbón activado por 20 Euros aprox. elimina el Cloro y sus subproductos y sabores desagradables, los hay también con partículas de Plata, que tiene un efecto bacteriostático.
    Saludos

  44. Acabamos de recibir a visita destes amables cabaleiros. O prezo inicial eran ,2880€ o final acababan rebaixandonos 600€.Creemos que o timo atópase na cuota de entrada xa que o principio eran de 200€ e mirade se estaban desesperados que no la baixaban a 50€. Endexamais os deixedes entran nas vosas casa porque póñense moi pesados. A nos tiveronnos 2 horas de charla.Os experimentos semellábanse os de FLIPY o do programa do Hormiguero. TIMO,TIMO,TIMO,TIMO!!!!!!!!!!!!!

  45. Hola!avisar que a empresa Filtravedra onte andivo pola parroquia de Campañó facendo analises de auga gratuitos, pedian informacion coma telefono, direccion, idade e estado civil, preguntei a que se debia iso porque fai un tempo paguei unha analise da miña auga e custoume preto dos 50€ e contestaronme que era por unha subvencion que lles daba a Xunta, de momento non intentaron vendernos nada pero visto o visto….

  46. Unos timadores ciertamente. Usaban el nombre de la Asociación Española contra el Cáncer para vender sus productos. Decían que eran trabajadores de dicha asociación para vender su producto. UN TIMO!!!! NO PIQUEIS! TIMO!

  47. Cuidado, un impuesto para toda la vida! un timo!

  48. hola buenas perdonar que no os escriba en gallego ..!! pero sii ..es un timo , hace unos meses , llamaron a mi madre por teléfono diciéndole ,que había ganado un electrodoméstico. Mi madre ingenua les dio sus datos , a las dos horas llega el tipiño, explicándole el funcionamiento del aparato, después del coñazo y el tiempo perdido le dijo a mi madre que era su obligación comprarle después de la demostración por su tiempo empleado. Al llegar a casa me encuentro que el tipo este le estaba OBLIGANDO a comprar el purificador a mi madre . SE PUEDE SER MAS RASTRERO Y CANALLA DIOS ,, ESTUVE A PUNTO DE PEGARLE UN PALIZA CON PERDÓN

  49. Ahora mismo los tengo en mi casa, estoy a punto de llamar a la policia, esto es una verguenza,

  50. Hola, por mi casa tb pasó un comercial de Aguatec.
    En ningún momento me obligó a comprar nada y cuando realizó la última prueba (electrólisis) tampoco me dijo que la porquería q aparecía era la q me estaba bebiendo, me explicó que lo único que reflejaba era la cantidad de TDS que contenían (cuanto más oscura, más TDS). Encontré bastante interesante la información sobre las aguas embotelladas y las normas de utilización, la letra pequeña que casi nadie lee. Me parece que estos (aguas embotelladas) si que son los que en realidad están haciendo el verdadero timo, sobretodo vendiendo la moto de que son buenas para el consumo infantil. Por lo demás, el chico que me hizo la visita fue muy correcto y no tengo queja. No compré el purificador pq no son momentos para grandes gastos, pero tampoco digo de esta agua no beberé.

    • este e un mensaje correcto a min ma fixerón y a pude comprar y a comprei fai 4 años pero non se pode falar tan a lixeira de estafa cando estos señores venden unha maquina xunto con un servicio.

  51. Por cierto, los hospitales tb tienen purificadores de agua, por algo serà…

  52. Lo que falla no es la calidad de los aparatos. Creerme, los que le dan mala fama a estos sistemas son los timadores de AGUATEC. Recientemente se hacen llamar ROTEC. Por aquello de despistar. Por lo demas me han visitado empresas serias. Son de VIGO, aunque creo que tambien tienen oficina en Orense.

  53. pero como podeis con tanta ignorancia dios mio!
    la gente se gasta el dinero en comprar un coche de alta gama de miles de euros.pisos con todas sus comodidades.ropas de “marca”.en fin..y cuanto gastan en su salud?.
    yo tengo un purificador de estos y estoy contentisimo.para empezar,sabeis cual es la mejor medicina,la prevencion!
    en segundo lugar no te estan vendiendo una”máquina”si no un servicio.a mi me vienen cada seis meses a comprobar que el purificador esté en condiciones,sin pagar un duro.
    llevo 3 años con el y estoy super contento.
    y por último a estas empresas no se pueden denunciar por estafa,ya que se dedican a comercializar un producto,que cumple todos los estandares de calidad y que es un producto como cualquier otro. en el mundo.

  54. Yo tengo un purificador de agua por ósmosis inversa. Lo compré por 79,95 euros en una tienda de Vigo (de la que no quiero hacer publicidad) que está situada en la calle Ramón Nieto 125. El equipo funciona perfectamente y es igual al de Filtravedra, que vinieron a mi casa a hacerme la dichosa demostración-engaño para meterme miedo.

    Pero para mi sorpresa, es que hace unos meses fui a la tienda a comprar unos filtros de recambio y me encontré la furgoneta de los de Filtravedra allí cargando cajas y cajas de purificadores.

    Hay que ser muy canalla para comprar en Vigo a 79,95 euros y venderlos por 2000-3000 euros en Pontevedra.

    ¡¡¡¡¡¡Dios por favor!!!!! Encuéntrame un negocio así para salir del paro, pero que pueda dormir tranquilo por las noches sin estafar a nadie. ¡¡¡¡¡Hay que tener mucha cara!!!!!

  55. Esta comprobado que el agua de ósmosis no es buena para la salud, además de que resulta cara (desperdicia de 3 a 7 litros por cada uno que se obtiene) sale un agua muy blanda, demasiado para la salud, a lo que los vendedores de ósmosis lo “solucionan” poniéndole un “mineralizador” quimico! entonces deja de ser agua saludable para convertirse en un potaje del quimicefa!. Os Recomiendo la lectura de este articulo en PDF del colegio de colegio de farmacéuticos de Alicante http://www.aguasalud.es/documentos/Farmaceuticos-y-Osmosis.pdf En casa pusimos una ósmosis pero buscando reparar la carísima membrana, encontré en esta web un purificador de agua que dice ser el mejor del mundo http://www.aguasalud.es/ Parece serlo, ya que tiene el sello de Oro de la Water quality y la verdad es que va muy bien

  56. Están ahora mismo de campaña por Pontevedra. dejan un tubo en la puerta de las casas y pasan religiosamente a recogerlo, encima exigiéndolo, engañando a la gente con frases como “Somos la empresa que se dedica a analizar el agua de Pontevedra desde hace x años…” ???? para provocar confusión y que la gente le dé sus datos. Y aparte en plan borde. Por supuesto esconden que lo que hay detrás es un intento de venta. Que escándalo, y esto sigue funcionando sin que nadie les pare? está claro que somos un país de tercera.

  57. Gracias por explicar y difundir el timo…los timadores de aquatec están en pontevedra….yo soy médico y socio de asociación de consumidores OCU desde hace más de 10 años…esta demostrado que el agua de grifo es sana y mucho mejor que la embotellada por las dudas de las sustancias que pueden liberar los plásticos….ahora que pretendan timarnos con este agua-filtros…me recuerda al tónico curalotodo …siempre encontraran ingenuos que piquen y paguen con gusto….

  58. Saludos,por si es de interes,estos estafadores estan de campaña en ourense,llevan 2 dias llamando a mi movil,(a saber como consiguieron el numero y el resto de datos),la que me llamaba corto en seco la conversacion e cuanto le pedi la direccion de las oficinas,si buscais en las paginas amarillas de la empresa que dicen ser,ROTEC,dice ctra de vigo 8,por casualidad paso todos los dias por alli para ir a trabajar y es una casa abandonada,
    en resumen,una estafa….

  59. Jojojo onte viñeronme a casa e houben de facer o paripe coa electrise jojojo tremendo.

  60. Conste que non é un timo, o que pasa e que ocultan parte da verdade é logo a xente flipa un cacho longo coa electrólise é demais Jijiji

    Teño unas fotos de como quedaron os vasos.

    O tema é que a auga que tomamos ten menos “merda” que una salchicha Frankfort, colorantes, conservantes…

    Onde estie un bo xamón do país que se quite a borralla de mezclas.

    Un saúdo rapaces.

  61. Fai anos vevíase auga dos regos e agora se non temos purificadores parece que habemos de morrer. Non me fodades home.

    Deberíamos voltar todos a vivir aos pobos e deixarnos de caralladas. Auga potable é auga potable.

    Mais merda, con perdón, hai nas salchichas frankfurt e ben que a maioría da xente as come.

    Un saúdo e Feliz ano a todos :D

  62. Funciona de lujo, esta noticia se la han sacado de la chistera las embasadoras de agua que son las que pierden dinero, yo prefiero mi salud.

  63. O peor de todo son os comentarios que hai por aquí e que non teñen nin puta idea do que din.

    Se querés un purificador de auga, Vaite o Leroy Merlin e pon un na traída ti mesmo.

    Pagar 3000€ por ter un grifo bonito… Manda carallo

  64. Hola, este post esta muy bien. Yo me dedico a la venta de estos aparatos que por cierto ahora valen 1675 euros. Este señor que escribio este señor se nota de que esta muy informado y que sabe mucho del tema, pero un consejo le doi. Metase en internet y mire los daños que hace el cloro, tanto que usted lo defiende, cuando hace unod meses murieron tres niños por exceso de cloro en cabeza de manzaneda. Nosotros no timamos a nadie, nosotrs damos una informacion contrastada y si tenemos miles de clientes en toda galicia sera por algo. Cada uno tiene su manera de pensar eso esta claro. Pero no menosprecie nuestro trabajo. Un saludo a tod@s.

    • Hola Pepe veo que te dedicas a la venta de estos equipos y mi pregunta es, por cuanto vendes estos equipos? Cuanto valen exactamente?
      Que margen crees que tienen para la empresa?
      Mira no sé si tú eres el jefe o un empleado pero si eres empleado dedicate a trabajar y no hagas comentarios fuera de lugar porque no tienes ni idea, y si eres tu el jefe (que lo entiendo porque aqui puede entrar cualquiera) pues lo entiendo pero sabes que es un timo.

    • Los bancos también tenían un montón de clientes con las preferentes. El argumento de tener un montón de clientes es bastante penoso. Se vendieron un montón de pulseras “powerbalance” en su día. Argumento “montón” = Argumento del montón

  65. Auténtico timo en Barcelona vendes o mesmo apareció por 265 euros Xa instalado

  66. Yo vendo depuradores y todos los mensajes que veo me dan pena. Decir que los depuradores de ósmosis no son un timo, solo hay que ver el precio, hoy no hay nadie ignorante porque uno se puede informar sin costo.
    También decir que para el agua de traída no hace falta un Ósmosis, yo para estos casos instalo un filtro de carbón con plata y solucionado, elimina el 100% el cloro y partículas y contaminación si alguna tiene.

  67. A mí me lo instalo una empresa de Vigo que además me lleva el mantenimiento del calentador y el motor del pozo y me cobro 350€ instalado, (tratamiento y depuración de aguas P.R.)(aquapro.es) y el más alto de gama costaba 550e.tiene garantia depor vida y pago 60€ al año por el mantenimiento.por analizar el agua de pozo en laboratorio me cobran 35€ y lo ago si quiero,ademas acen desinfecciones del agua de pozo,siempre viene el mismo tecnico y me enseño los carnes de instalador de agua y calefaccion de industria, Ahora que veo esos precios estoy más encantada aun con la compra que hice, si no es un timo no se que es, es como si te venden un calentador por 2500€ y lo ves al día siguiente en media mark por 300€.los que comentan que estan contentos con la compra por 2000€ o trabajan para esas empresas o tienen comision,lo comento por si le sirbe a alguien,yo no tengo comision,pero creo que son buena gente,no todos son estafadores.suerte y un saludo

    • Ola Claudia. Grazas pola túa mensaxe.
      Neste post non se pretende criticar a todas as empresas que instalan filtros, senón só a aquelas que, utilizando o engano, venden filtros de auga a prezos desorbitados sobre todo a persoas maiores preocupadas pola súa saúde. Estou segura de que hai moitas empresas que fan ben o seu traballo, como a que nos indicas, pero outras válense de experimentos e artimañas enganosas para meter medo e colar o seu produto, e é xusto iso o que quixen denunciar.
      Un saúdo

    • Buena compra Claudia es que realmente estan en ese precio, no se el modelo exacto que te han instalado pero es un precio aceptable y razonable.

  68. Ayer me visitó a mi. Mi mujer pensó que eran del Ayuntamiento y por eso los atendimos. Desde las 20:30 hasta las 22:05 dando la lata con sus experimentos (no le supe cortar a tiempo)… explicándonos que el mundo es agua en un 70% y el cuerpo humano igual y demás chorradas para niños. Luego, cuando le dije que no me interesaba, montó un numerito llamando a su “jefe” haciéndole saber las peligrosísimas lecturas que teníamos en nuestra casa y que parecía increíble que no quisiésemos su aparato. Gracias por la explicación.
    Por cierto a nosotros nos lo dejaba en “sólo” 1.400€ y para eso tenía que destrozar el nuevo mueble de la cocina porque no cabía. Creo que era este modelo (o casi idéntico): http://www.e-purificador.es/osmosis-compacta/60-osmosis-domestica-compacta-cm.html?gclid=CIOnirbkucMCFQgcwwodfVAAEQ (vaya ATRACO que pretendía comenter el pavo).
    Un timo en toda regla y una sinvergüencería ir a dar la lata por las casas a esas horas.
    Ya sabéis, si os piden una muestra de agua preguntad quién la pide.

    • Tienes toda la razon Javier, si bien es verdad que por internet los precios que puedes encontrar pueden ser muy variados en funcion de caracteristicas componentes certificaciones etc etc, en realidad este equipo en concreto que viene en el enlace no vale mas de 450€ con todos los servicios es decir montado y con su correspondiente garantia mientras que el comprarlo por internet pues tendrias que buscarte tu un poco la vida para la instalacion, que no digo que sea dificil, peri sí hay que tener un minimo de conocimiento para su puesta en marcha ya que no es la primera vez que algun cliente estropea la menbrana si no hace una buena limpieza de los filtros de carbon activado, por lo demas hoy en dia tienes equipos de Osmosis Inversa desde 250€ montados y todo.

  69. Creo que as empresas que se adican a iso están a traballar como outra calquera!! cada un compra o que quere e cando quere a o prezo que quere.
    Fácil tirar co traballo de profesionais, estudar e deixar de preocuparse de que esta a traballar e non a perder o tempo en escribir post!!!!!!!

  70. Eu tamén creo que as empresas son libres de poñer o precio que consideren apropiado, pero non estou de acordo con estafar a xente con precios desorbitados, aproveitandose da saude das persoas para enriquecerse de forma descarada e tratando o tema como algo trivial, é dicir, son uns estafadores con todas as suas palabras, e se falo é por que estiveron na miña casa tocándonos os……….

    • pensa que o timo pode estar no 21% de iva que tan solo supone 420 € para o estado por non facer nada, seguro che financiaban o producto sin comisión e intereses porque van incluidos no preso, seguro que fui un gallego asegurado con nomina mais comisiones(porque aki non e china ou otros lugares), tomen a instalación co sueldo do técnico, a teleoperadora que chamo, porque si,estas empresas teñen a mis de 25 empleados por provincia que son una 40.000€ en sueldos e seguro, son empresario e porque ti trabajes por 750 € nos non temos porque tragar esas merdas de sueldo. ahora entra en face e escribe que españa ten soldos mol baixos e que a seguridades social e una barbaridade, convenceos que aporten 45.000€ cada mes e seguro encontrar empresas que os vendan por 100€

  71. La osmosis funciona, pero un buen equipo puede costar a cliente final unos 250€ más impuestos, instalado y funcionado. Lo de 2000€ yo lo considero timo de gente sin escrúpulos.
    Infelizmente el agua que bebemos es cada vez de peor calidad y muy probablemente también en Galicia será necesario el uso de estas tecnologías para garantizar su calidad, pero por favor hagamos lo con corrección y honradez.

  72. Deberíades de informarvos antes de falar!
    Estades a decir barbaridades.O que habría que denunciar é a xente que por encima de descoñecer ten a gran valentía de soltar o primeiro que lle ven a boca porque alguén lle dixo, ou simplemente por non estar calado!
    Primeiro saber e logo falar !

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.