tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Máis alá das Baterías: Almacenar enerxía nunha folla de papel

pila de papelO Rensselaer Polytechnic Institute dos Estados Unidos acaba de presentar unha pila eléctrica que ten forma de papel. Trátase dunha batería constituída por un 90% de celulosa e un 10% de nano-tubos de carbono que serven de electrodos e transmiten a electricidade.

Pódese usar como fonte de enerxía en calquera aparello que se nos ocorra, pero con innumerables vantaxes: funciona cos electrólitos naturais existentes no sangue e suor dos seres vivos (útil para implantes médicos como marcapasos), é ultralixeira, extremadamente fina e flexible, e funciona a temperaturas extremas. Ao contrario que as pilas e baterías convencionais, altamente contaminantes, a pila de papel é facilmente biodegradable e non contén ningunha substancia química tóxica.

Fonte: Código cero

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

Satélites

Sputnik1. Primeiro satélite espacial. 1957Hoxe saíu unha nova sobre dous novos satélites que vai construír España. Isto fíxome preguntarme cantos satélites hai arredor da Terra. En internet atopei que segundo unhas estatísticas da NASA no ano 1994 había un total de 23000 satélites en órbita. Supoño que 13 anos despois, e dado o gran avance das tecnoloxías da comunicación nesta última década, o número de satélites será moitísimo maior hoxe en día.

Hai un applet da NASA que permite ver en 3D a posición actual de moitos satélites, a súa órbita, o seu nome. Paréceme curioso.

Pero non todo son satélites en funcionamento. Só o 5% dos obxectos que temos en órbita son satélites activos. O resto é o chamado lixo espacial, constituído por satélites inactivos, naves espaciais e fases de cohetes, fragmentos de satélites, e algún que outro destornillador perdido por un astronauta. Estímase que hai arredor de 2000 Tm de obxectos artificiais a menos de 2000 km da Terra. Podes saber algo máis con esta aplicación flash do xornal El Mundo.

(Actualización) Imaxe xerada por ordenador da Axencia Espacial Europea na que se amosa o lixo espacial en órbitas preto da Terra. Atopada en Futuro, ciencia e tecnoloxía.
lixo espacial

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

Inauguración

Bueno, a ver se isto empeza a andar. Neste sitio pretendo ir colocando todo o material que teño feito e que anda espallado por diversos sitios de internet, ademais de ir ampliándoo e ir subindo novas cousas.

De momento empezamos co Blog e pouco a pouco iranse abrindo novas seccións con información e recursos sobre os bloques de contidos de Tecnoloxía da ESO e do Bacharelato.

Espero que vos sexa de utilidade.

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

1 151 152 153