tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Imprimir en 3D na ESO: Guía práctica

Foi nas XII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia cando vin funcionar a impresora 3D que montou Tucho Méndez no seu centro. Pareceume un proxecto moi interesante para levar a cabo nos institutos, e propúxenlle escribir un artigo no que se indicasen os pasos para poñelo en marcha e axudar así a darlle difusión a través de tecnoloxia.org.

Quen queira introducirse este curso na aventura da impresión 3D que se poña en contacto con Tucho para montar un equipo de traballo. Os seus datos son:

 

Aquí tedes o artigo:


Imprimir en 3D na ESO: Guía práctica

5 Setembro 2013 by Tucho Méndez

Que quede isto claro: hai menos dun ano eu non sabía absolutamente nada de impresoras 3D.
Subliño: absolutamente nada.

En maio de 2013 os meus alumnos e alumnas de 4º da ESO de PDC do CPI de Atios, o equipo Imprusiño, conseguiron rematar a primeira impresora 3D escolar e Open Hardware de Galicia.

Cando o penso aínda me parece incrible que chegásemos a rematar o proxecto. Pero o incrible non somos nin o profesor nin os rapaces e rapazas que o conseguimos, senón que, grazas á excepcional comunidade que hai arredor da impresión 3D Open Hardware, é posible, para calquera que teña ganas, construír a súa impresora 3D. Até un grupo de alumnos de PDC dun colexio dun recuncho de Galicia cun profesor escasamente preparado.

Antes de nada, se cadra está ben contestar a un par de preguntas:

Que é unha impresora 3D?

Supoño que, a estas alturas, xa sabes un pouco de que van, mesmo viches algunha en directo, así que non me estendo: son máquinas que fan cousas a partir dun deseño que tes na computadora. Cousas tanxíbeis, reais… obxectos!

[youtube:Imprusiño imprimindo]

Que é Open Hardware?

A filosofía de coñecemento aberto, aplicada ao hardware. Grazas a que existe e ten unha comunidade detrás que a fai real, agora podemos facer a nosa impresora 3D por menos diñeiro do que costa un iPad.

E agora, a listaxe de pasos para construír a túa impresora 3D Open Hardware:

1 - Vai á wiki de Clone Wars, está un pouco desordenada nalgúns aspectos, pero que non te bote para atrás. Comeza por ler as FAQ’s e segue as ligazóns que aparecen. En realidade, se cumpres con este punto, non fai falta que sigas a ler, a túa impresora estará acabada antes do que pensas.

2 - Se aínda segues aquí, adiántoche unha referencia á que xa ías chegar, porque non creo que haxa unha soa impresora Open Hardware montada no Estado Español que non lle deba nada a esta colección de 63 videotitoriais que describen o proceso de montaxe dunha Prusa 2 (Mil grazas a @Obijuan_cube por todo).

Ollo! non son as instrucións dun moble de IKEA, non esperes que, seguindo todo paso por paso, non te atoparás con ningún problema, porque iso non vai pasar.

3 - Agora que conseguín que pensaras nos problemas, respira. Hai xente que che pode botar unha man con eles. Apúntate na lista de correo de Clone Wars. É a chave de todo, así que cóidaa. Aquí hai persoas que van perder o seu tempo en axudarte a arranxar os teus problemas e non cobran por iso, o único que esperan a cambio é que, antes de nada, leas moi ben isto e, xa que estás, tamén isto.

4 – Consegue as pezas. Vas precisar cartos. Nós conseguimos algúns cun pouco de crowdfunding caseiro e o resto púxoo o centro. Pode que teñas pouco diñeiro no departamento e que quen mande nos cartos do teu centro non vexa que, con menos do que custa un portátil, podedes ter facer unha máquina marabillosa. Se é así, remexe en todos os sofás do teu centro, tes que conseguir o suficiente para facelo!

5 - Ponte mans á masa! E que saibas que xa hai algún proxecto en marcha para o curso que ven e, se somos uns poucos, podemos crear unha pequena comunidade, axudarnos, intercambiar experiencias…  Así que, se queres, ponte en contacto comigo. A mellor maneira de atoparme é en twitter, son @procastino,  ou non dubides en mandarme un correo a tuchodefresa en gmail.

Nada máis, agora todo o que precisas son ganas. Espero que este artigo servira para que te animes a comezar. Se o fas, estarás a iniciar un precioso camiño de aprendizaxe en comunidade. Que a Prusa te acompañe!

Tucho Méndez, profesor de tecnoloxía do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco.

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

8 Comments

  1. Fantástico Tucho!! :D

    Unha moi boa guia pra que mais profesores/as animense a seguir o teu exemplo, innovar e acercar as novas tecnoloxias os rapaces, que son o futuro e a sua educación e o mais importante!!

    Saudos!

  2. Grazas Ice,
    Iso sería o mellor, que se anime alguén e ver se conseguimos unha “micro-CloneWars educativa” nun par de centros de Galicia!
    Por suposto, se algo así pasar contamos contigo para animar o foro ;)

  3. Se montades algo contade comigo para animar o que sexa!! ;)

  4. Pingback: Uso da impresión 3D na ESO | Botóns

  5. Bo traballo e magnífica achega! Difundimos

  6. Moitas Grazas!
    Xa somos un par de centros que imos montar impresora para o curso vindeiro, cantos máis mellor! :-)

  7. Gran proyecto y buen trabajo!

  8. Pingback: Imprimir en 3D na ESO: Guía práct...

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.