Revoltallo de termos

tecnoloxia.org

Listaxe

Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordenadas por data

Todas  A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z
&imaxe

Rede

(Informática)

Conxunto de equipos conectados por medio de cables, sinais, ondas ou calquera outro método de transporte de datos, que comparten información (arquivos), recursos (impresora) e servizos (acceso a Internet, correo electrónico, xogos, etc.).


&imaxe

CPU (Unidade Central de Procesamento)

(Informática)

Circuíto integrado principal do ordenador. é o seu cerebro, xa que nel residen a Unidade de Control (UC) encargada de xestionar todos os recursos, e a Unidade Aritmético Lóxica (ALU), encargada da realización de cálculos. Hoxe en día o termo CPU aplícase xeralmente a todos os microprocesadores.


&imaxe

Icona

(Informática)

Símbolo que aparece na pantalla do ordenador que representa unha aplicación ou un programa e que posibilita a súa execución premendo nel co cursor do rato.


&imaxe

Xanela

(Informática)

En informática dise do marco gráfico do escritorio dun sistema operativo que soporta unha aplicación, programa ou documento. Tamén se di fiestra ou ventá.


&imaxe

Ficheiro

(Informática)

Conxunto de datos dun documento ou aplicación ao cal se lle asignou un nome para o seu almacenamento no disco. Tamén se di arquivo.


&imaxe

Cela

(Informática)

Nunha folla de cálculo é un lugar onde se pode introducir un dato. En xeral son de forma rectangular e sitúanse por un número, letra de fila e número/letra de columna.


&imaxe

Ozca

(Ferramentas)

Entalladura en espiral dun parafuso.
Tamén é a concavidade ou fenda que hai nunha cousa para encaixar outra.


&imaxe

Serrón

(Ferramentas)

Ferramenta que serve para cortar madeira; consta dun mango e unha folla de aceiro ancha, con dentes de serra en un dos seus bordos.


&imaxe

Ruído

(Electrónica)

Termo aplicada a calquera sinal eléctrico non desexado.
Nos sistemas de comunicacións, son os sinais non desexados que interfiren na transmisión e na recepción do sinal.


&imaxe

Intelixencia artificial

(Control e Robótica)

A intelixencia artificial dedícase ao desenvolvemento de axentes racionais non vivos, mediante a creación de sistemas artificiais capaces de percibir o seu entorno (sensores), procesar as percepcións (microprocesadores) e actuar no seu entorno (actuadores) de forma racional, é dicir, tomando decisións correctas e maximizando o resultado agardado.
No futuro preténdese poder fabricar sistemas cuxo comportamento sexa semellante ao do cerebro humano.

Máis información
&imaxe

Fibra de vidro

(Materiais)

Fibra que se obtén de vidro fundido ao pasalo e estiralo a través de ringleiras especiais e que pode ser fiada e tecida.
é incombustible, illante, quimicamente inactiva, moi moldeable, non absorbe a humidade e ten unha baixa condutividade térmica e acústica.
Emprégase en instalacións de calefacción industriais, en illamento acústico, para a fabricación de estruturas resistentes e lixeiras (veleiros, táboas de surf, cascos, piscinas, etc.), e para a fabricación de cables de fibra óptica usados nas telecomunicacións.

Máis información
&imaxe

Chafrán

(Estruturas e Arquitectura)

Fachada dun edificio que substitúe un canto.


&imaxe

Verniz

(Materiais)

Substancia que se aplica a unha superficie para darlle brillo e protexela.


&imaxe

Xofre

(Materiais)

Substancia química, de cor amarela e olor característico, sólida, de número atómico 16 e símbolo S.
Emprégase no proceso de vulcanización no que se quenta caucho en presenza de xofre para que adquira maior dureza e flexibilidade.
Ademais, úsase como fertilizante e na fabricación de pólvora, mistos e insecticidas, entre outros.


&imaxe

Dínamo

(Electricidade)

Xerador de corrente continua capaz de transformar enerxía mecánica (do movemento) en enerxía eléctrica. Ao xirar unha bobina entre os polos dun electroimán prodúcese unha corrente eléctrica inducida.


Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordenadas por data

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.