tecnoloxia.org

Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.

Listaxe de termos.

Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade

Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por número

Todas  A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z
&imaxe

Engrenaxe

(Mecánica)

Denomínase engrenaxe ou rodas dentadas ao mecanismo utilizado para transmitir o movemento dun compoñente a outro dentro dunha máquina. Ao moverse unha engrenaxe, os seus dentes empurran aos dentes doutra roda engrenada, provocando o seu movemento en sentido contrario.

Máis información
&imaxe

Convertedor A/D

(Electrónica)

Un convertedor é un dispositivo electrónico encargado de transformar un sinal analóxico nun sinal dixital e viceversa.

O convertedor analóxico/dixital utilízase, por exemplo, nun termómetro dixital, xa que debemos transformar o sinal analóxico da temperatura nun sinal dixital que se poida amosar na pantalla.

O convertedor dixital/analóxico necesitámolo, por exemplo, para poder escoitar música dun CD. O sinal dixital gravado no CD transfórmase nun sinal eléctrico analóxico que vai aos altofalantes.


&imaxe

Parafuso

(Mecánica)

Un parafuso é unha peza composta por unha pequena barra roscada e unha extremidade que permite facela xirar para que penetre noutra peza ou unha porca. Utilízase como elemento de unión.

Un desaparafusador é unha ferramenta que serve para aparafusar ou desaparafusar.


&imaxe

Banda larga

(Comunicación)

Conxunto de tecnoloxías que permiten a transmisión integrada e simultánea de diferentes tipos de información a unha velocidade suficiente para o acceso a un ou varios servizos multimedia. Por exemplo, suficiente para cursar simultaneamente os sinais de telefonía, datos e TV.
En castelán: banda ancha. En portugués: banda larga .En inglés: broadband


&imaxe

Canzorro

(Estruturas e Arquitectura)

Elemento de pedra en beirado sobre o que tradicionalmente se apoia unha cornixa e que, posteriormente, pasou tamén a designar un beirado sobre o que se apoia unha trabe de madeira.

Máis información
&imaxe

Ancho de feixe

(Comunicación)

Ángulo en graos medido entre os puntos do lóbulo principal de media potencia, ou -3 dB, con respecto á máxima potencia radiada efectiva, podendo estar indicado tanto con respecto ao plano horizontal coma ao plano vertical do diagrama de radiación da antena.

Máis información
&imaxe

Mans libres

(Comunicación)

Chámanse mans libres aos dispositivos que se empregan para falar por teléfono sen ter a necesidade de usar as mans nin ter que soster os aparellos xunto á cabeza.
Existen diferentes tipos de mans libres, uns que usan cascos auriculares e outros que empregan un altofalante para aumentar o volume da voz.

Máis información
&imaxe

Trencha

(Ferramentas)

Ferramenta de carpinteiro para desbasta-la madeira, formada por un mango e unha folla plana de metal, grosa e longa, afiada no extremo.

Máis información
&imaxe

Cegoñal ou Veo de manivelas

(Mecánica)

Eixo con cóbados que transforma, nos motores de certas máquinas, o movemento alternativo das bielas en movemento circular, cedéndoo á transmisión. Soen fabricarse de aliaxes ben resistentes e poden ter perforacións para o paso de lubricante.

Máis información
&imaxe

Operador Móbil Virtual (OMV)

(Comunicación)

Un Operador Móbil Virtual ou OMV (en inglés, Mobile Virtual Network Operator o MVNO) é unha compañía de telefonía móbil que non posúe unha concesión de espectro de frecuencia, e polo tanto carece dunha rede propia de radio. Para dar servizo, debe recorrer á cobertura de rede doutra empresa (ou empresas) con rede propia (un Operador Móbil con Rede, ou OMR) coa(s) que debe subscribir un acordo.

Máis información
&imaxe

Sen fíos

(Comunicación)

Chámase sen fíos á comunicación que non se transmite por cables, senón a través de ondas electromagnéticas, coma por exemplo a radio, as emisións televisivas, os sistemas wifi ou o sistema bluetooth.
Cando a comunicación se realiza a través dunha conexión física por cables chámase comunicación con fíos.

Máis información
&imaxe

GNU

(Informática)

GNU é o sistema operativo desenvolvido polo proxecto GNU. O proxecto inclúe exclusivamente aplicacións libres, con licenzas que permiten as 4 liberdades da licenza GPL, e polo tanto facilitan o código fonte e permiten a súa modificación.
Actualmente a única versión estable do sistema é GNU/Linux, que utiliza o cerne Linux.
GNU pronúnciase "ñu" en galego, aínda que o máis habitual é deletrealo ("gue ene u").

Máis información
&imaxe

Aliaxe

(Materiais)

Unha aliaxe é unha mestura homoxénea ou unha disolución sólida dun metal con outros elementos que conserva o aspecto e as propiedades dun metal. Porén, as propiedades mecánicas tales como a dureza, ductilidade, tenacidade, etc poden ser moi diferentes das dos metais puros, e de aí o seu interese industrial.
Exemplos: Aceiro (ferro e carbono), Bronce (cobre e estaño), Latón (cobre e cinc)

Máis información
&imaxe

Trade

(Ferramentas)

É un aparello que serve para facer buratos en distintos materiais mediante un elemento chamado broca.


&imaxe

Escuadros

(Estruturas e Arquitectura)

Son elementos que se utilizan para fixar un andel á parede ou ben reforza-la unión de dúas pezas de madeira.


Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por número