tecnoloxia.org

Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.

Listaxe de termos.

Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade

Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]

Anterior · 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Páxina 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por número

Todas  A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z
&imaxe

Táboa de verdade

(Electrónica)

É unha maneira de representar os estados das variables de entrada e de saída que ten unha función lóxica. Utilízase nos circuítos dixitais.


&imaxe

Controlador Lóxico Programable

(Control e Robótica)

Un Controlador Lóxico Programable ou PLC (Programmable Logic Controller), tamén chamado autómata programable, é un dispositivo electrónico utilizado na automatización industrial.
Mediante programas almacenados no seu interior e diversos sensores, controlan o funcionamento das máquinas e procesos industriais e poden comunicarse con outros controladores e con ordenadores.
A diferenza dos ordenadores, os PLCs están deseñados para traballar en ambientes industriais e non se quedan colgados.


&imaxe

Ferraxe

(Instalacións)

Conxunto de elementos mecánicos de apertura e pechamento de portas e ventás.


&imaxe

Ferralla

(Materiais)

Conxunto de obxectos de ferro, folla de lata, etc., vellos e usados e que se destinan á reciclaxe.


&imaxe

Videoxogo

(Informática)

Os videoxogos son programas informáticos de carácter lúdico utilizados en ordenadores ou videoconsolas. Poden ser de moitos tipos.

Máis información
&imaxe

Orzamento

(Tecnoloxía)

Cálculo do custe dun proxecto ou obra, que se reflicte nun documento.


&imaxe

Cisallamento

(Estruturas e Arquitectura)

Esforzo que soportan as estruturas cando están sometidas a forzas que actúan paralelamente á súa sección e en sensos contrarios que tenden a cortala, é dicir, tenden a desprazar unha sección con respecto á outra.


&imaxe

Metroloxía

(Tecnoloxía)

A metroloxía é a ciencia da medida. Ten coma obxectivo o estudo dos sistemas de medida en calquera campo da ciencia e da tecnoloxía.

Máis información
&imaxe

Luvas

(Ferramentas)

Vestimenta que cobre a man, o puño e parte do antebrazo. Pode ter protección en aceiro inoxidable que protexe as mans contra cortes.


&imaxe

Escuadro

(Debuxo técnico)

Instrumento, xeralmente de metal ou madeira, con forma de triángulo rectángulo, que serve para trazar e medir ángulos rectos.


&imaxe

Mensaxe

(Comunicación)

Unha mensaxe é unha información conformada por unha secuencia de sinais que corresponden a regras de comunicación precisas, que é enviada dun emisor a un receptor por medio dunha canle que serve de soporte físico de transmisión.

Máis información
&imaxe

Porto USB

(Informática)

O Universal Serial Bus ou Universal Serial Driver (USC), comunmente abreviado USB é unha porta utilizada para conectar periféricos a un ordenador.
Foi creado en 1996 por sete empresas: IBM, Intel, Northern Telecom, Compaq, Microsoft, Digital Equipment Corporation e a NEC.


&imaxe

Cravo

(Mecánica)

Pequena barra de metal rematada en punta e cunha cabeza no extremo oposto que se usa para unir pezas.
O normal é chantar os cravos na peza coa axuda dun martelo ou unha pistola de cravos pneumática.

Máis información
&imaxe

Computador

(Informática)

Un ordenador, computadora ou computador, é unha máquina que realiza cálculos e controla operacións expresadas en termos lóxicos e numéricos.
O ordenador é un sistema dixital con tecnoloxía microelectrónica, capaz de procesar datos a partir dun grupo de instrucións denominado programa.
A estrutura básica dun ordenador inclúe microprocesador (CPU), memoria e dispositivos de entrada/saída (E/S), xunto ós buses que permiten a comunicación entre eles.


&imaxe

Coitelo

(Ferramentas)

Instrumento que consta dunha folla de metal con fío por un dos lados e unida a un mango, que se usa para cortar diferentes cousas.


Anterior · 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Páxina 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por número