tecnoloxia.org

Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.

Listaxe de termos.

Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade

Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]

Páxina 1
Listadas 9 das 9 que comezan por B ordeadas alfabeticamente dun total de 212

Todas  A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z
&imaxe

Baixante

(Instalacións)

Nunha construción é a tubaxe de desaugue. Son canalizacións verticais encargadas de conducir as augas sucias ata a parte máis baixa dun edificio.


&imaxe

Banda larga

(Comunicación)

Conxunto de tecnoloxías que permiten a transmisión integrada e simultánea de diferentes tipos de información a unha velocidade suficiente para o acceso a un ou varios servizos multimedia. Por exemplo, suficiente para cursar simultaneamente os sinais de telefonía, datos e TV.
En castelán: banda ancha. En portugués: banda larga .En inglés: broadband


&imaxe

Berbequí

(Ferramentas)

O berbequí é unha antiga ferramenta manual usada en carpintería e ebanistería para facer furados na madeira con moita precisión a través dunha barrena.


&imaxe

Bigornia

(Ferramentas)

Peza de aceiro alongada e cos extremos aguzados, sobre a que se machucan as solas dos zapatos, metais, etc. para darlles forma.


&imaxe

Billa

(Mecánica)

Cano con chave para abrir ou pecha-la saída dun líquido.


&imaxe

Blogue

(Informática)

Un blogue ou blog (en inglés web + log) é unha web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente sobre un tema en particular a modo de diario en liña.

Máis información
&imaxe

Bosquexo

(Debuxo técnico)

É un deseño a man alzada, utilizando papel, lapis e goma, xeralmente realizada sen instrumentos de debuxo auxiliar.
Pode ser un primeiro apuntamento do obxecto que aínda non se desenvolveu completamente definido.


&imaxe

Brosa

(Ferramentas)

É unha ferramenta que serve para cortar leña. Está formada por unha folla grosa, polo xeral en forma de trapecio, con gume por un lado e unida a un mango de pau.
Este nome utilízase na zona norte de Lugo e de A Coruña. Noutras zonas chámaselle machada.


&imaxe

Buxía

(Electricidade)

Unha buxía é un dispositivo que ao serlle aplicada unha grande diferenza de potencial (da orde dos 20000 voltios) produce unha faísca, que provoca a inflamación dunha mestura combustíbel nun motor a explosión.

Máis información

Páxina 1
Listadas 9 das 9 que comezan por B ordeadas alfabeticamente dun total de 212