Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.
Listaxe de termos.
Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade
Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]
Páxina 1 2 3 · Seguinte
Listadas 15 das 36 que comezan por C ordeadas alfabeticamente dun total de 212
Cable de rede(Comunicación)Un cable de rede é un cable que serve para conectarse a Internet ou para conectar varios ordenadores entre si. Este cable utiliza un conector RJ-45. |
|
Cadro de diálogo(Informática)En interfaces gráficas de usuario, un cadro de diálogo é unha xanela especial para amosar información ao usuario ou para obter unha resposta. Son chamados así porque permiten unha especie de diálogo entre o sistema e o usuario. |
|
Cadro xeral de protección e mando(Instalacións)Conxunto de aparellos, centralizados nunha caixa ou pequeno armario, especialmente deseñado e calculado para a protección de persoas, instalacións e receptores de calquera fallo que se produzan nunha instalación. |
|
Caixa de ingletes(Ferramentas)A caixa de ingletes ou ingletadora é unha ferramenta que permite realizar cortes en ángulo. Adoita utilizarse cunha serra de costela ou unha serra de arco. Algunhas están deseñadas de tal maneira que o usuario pode escoller calquera ángulo de corte, pero as máis simples só presentan fendas para realizar cortes a 45º e 90º. |
|
Caixa de texto(Informática)Espazo que os programas abren nos lugares onde o usuario deberá introducir información mediante o teclado. Por exemplo, agora estamos a escribir nunha caixa de texto. |
|
Cámara Dixital(Comunicación)É unha cámara fotográfica que, no canto de capturar e almacenar fotografías en películas fotográficas como as cámaras fotográficas convencionais, faino dixitalmente mediante un dispositivo electrónico, ou en fita magnética usando un formato analóxico como moitas cámaras de vídeo. |
|
Cambra(Electricidade)Contracción espasmódica e dolorosa dun músculo cando se somete un corpo á acción dunha corrente eléctrica. |
|
Canzorro(Estruturas e Arquitectura)Elemento de pedra en beirado sobre o que tradicionalmente se apoia unha cornixa e que, posteriormente, pasou tamén a designar un beirado sobre o que se apoia unha trabe de madeira. Máis información |
|
Carreira(Mecánica)Un pistón ou émbolo é unha peza móbel dunha máquina, con forma cilíndrica e que se despraza ao longo dun cilindro. A carreira ou percorrido do émbolo é a distancia que se despraza polo interior do cilindro. |
|
Cartafol(Informática)Carteira virtual onde se poden gardar arquivos (de texto, imaxes, etc.) feitos no ordenador e que son gardados na súa memoria. |
|
Cascallo(Informatica)Cascallo son lascas de pedra miúdas ou escouras de ferro, pero cando un ordenador non funciona ou é moi lento chamámoslle cascallo. |
|
Cegoñal ou Veo de manivelas(Mecánica)Eixo con cóbados que transforma, nos motores de certas máquinas, o movemento alternativo das bielas en movemento circular, cedéndoo á transmisión. Soen fabricarse de aliaxes ben resistentes e poden ter perforacións para o paso de lubricante. Máis información |
|
Cela(Informática)Nunha folla de cálculo é un lugar onde se pode introducir un dato. En xeral son de forma rectangular e sitúanse por un número, letra de fila e número/letra de columna. |
|
Chafrán(Estruturas e Arquitectura)Fachada dun edificio que substitúe un canto. |
|
Chave(Ferramentas)Ferramenta que se usa para apertar ou afrouxar porcas e parafusos. Pode haber diferentes tipos: -Chave de allen. -Chave fixa. -Chave inglesa. -Chave de estrela. -Chave de carraca. |
|
Páxina 1 2 3 · Seguinte
Listadas 15 das 36 que comezan por C ordeadas alfabeticamente dun total de 212