tecnoloxia.org

Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.

Listaxe de termos.

Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade

Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]

Páxina 1 2 · Seguinte
Listadas 15 das 22 que comezan por F ordeadas alfabeticamente dun total de 212

Todas  A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z
&imaxe

Fendas de expansión

(Informática)

As rañuras ou fendas de expansión son os conectores da placa base que permiten engadir novos compoñentes ao ordenador.


&imaxe

Ferralla

(Materiais)

Conxunto de obxectos de ferro, folla de lata, etc., vellos e usados e que se destinan á reciclaxe.


&imaxe

Ferraxe

(Instalacións)

Conxunto de elementos mecánicos de apertura e pechamento de portas e ventás.


&imaxe

Ferro coado

(Materiais)

Metal férreo composto por unha mistura de ferro e carbono nunha proporción entre 1,76 e 4,5% e que é menos resistente có aceiro. Chámase tamén fundición.


&imaxe

Ferruxe

(Materiais)

Óxido férrico hidratado de cor parda e vermella que se forma sobre o ferro exposto á humidade.


&imaxe

Fibra de vidro

(Materiais)

Fibra que se obtén de vidro fundido ao pasalo e estiralo a través de ringleiras especiais e que pode ser fiada e tecida.
É incombustible, illante, quimicamente inactiva, moi moldeable, non absorbe a humidade e ten unha baixa condutividade térmica e acústica.
Emprégase en instalacións de calefacción industriais, en illamento acústico, para a fabricación de estruturas resistentes e lixeiras (veleiros, táboas de surf, cascos, piscinas, etc.), e para a fabricación de cables de fibra óptica usados nas telecomunicacións.

Máis información
&imaxe

Ficheiro

(Informática)

Conxunto de datos dun documento ou aplicación ao cal se lle asignou un nome para o seu almacenamento no disco. Tamén se di arquivo.


&imaxe

Fidelidade

(Electrónica)

Grao de exactitude coa que un sistema reproduce na súa saída as características esenciais do sinal que se aplica á súa entrada.
En música a alta fidelidade chámase Hi-Fi, que é a que mellor calidade ten.


&imaxe

Fío Musical

(Comunicación)

Sistema transmisor de emisións de radio, musicais fundamentalmente, a través das liñas telefónicas.


&imaxe

Fol

(Ferramentas)

É un dispositivo mecánico cuxa función é a de conter ar para expulsalo a certa presión e en certa dirección.
En forxa úsase para darlle aire ao lume e mellorar a combustión.


&imaxe

Folla de cálculo

(Informática)

É un programa que permite manipular datos numéricos e alfanuméricos dispostos en forma de táboas. Mediante este programa é posible realizar cálculos complexos con fórmulas e funcións e debuxar distintos tipos de gráficas.


&imaxe

Folla de Lata

(Materiais)

A Folla de Lata é un produto laminado plano de aceiro revestido cunha capa de estaño.
É un material ideal para a fabricación de envases de metal, porque combina a resistencia mecánica e conformidade do aceiro coa resistencia á corrosión do estaño.


&imaxe

Fonte de alimentación

(Electrónica)

Na electrónica, unha fonte de alimentación é un dispositivo que converte a tensión alterna da rede de subministro, nunha ou varias tensións, practicamente continuas, que alimentan os distintos circuítos do aparello electrónico ao que se conecta (ordenador, televisor, impresora, router, etc.)


&imaxe

Forcada

(Ferramentas)

Instrumento de traballo agrícola con tres ou catro dentes.
"Meteu a herba na palleira coa forcada."


&imaxe

Formigón

(Materiais)

É unha mestura de grava, area, auga e cemento, que fragua e torna dura.
Ofrece unha gran resistencia á compresión. A súa densidade é variable e adhírese ao aceiro, co que se obtén o formigón armado.
Pode utilizarse como aglomerante para a construción de pontes, estruturas, vigas e beirís.

Máis información

Páxina 1 2 · Seguinte
Listadas 15 das 22 que comezan por F ordeadas alfabeticamente dun total de 212