tecnoloxia.org

Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.

Listaxe de termos.

Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade

Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]

Páxina 1
Listadas 5 das 5 que comezan por G ordeadas alfabeticamente dun total de 212

Todas  A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z
&imaxe

GNU

(Informática)

GNU é o sistema operativo desenvolvido polo proxecto GNU. O proxecto inclúe exclusivamente aplicacións libres, con licenzas que permiten as 4 liberdades da licenza GPL, e polo tanto facilitan o código fonte e permiten a súa modificación.
Actualmente a única versión estable do sistema é GNU/Linux, que utiliza o cerne Linux.
GNU pronúnciase "ñu" en galego, aínda que o máis habitual é deletrealo ("gue ene u").

Máis información
&imaxe

GPS

(Comunicación)

GPS (lido 'gue-pe-ese') ou Sistema de Posicionamento Global é un Sistema Global de Navegación por Satélite (GNSS) que permite determinar en todo o mundo a posición dun obxecto, unha persoa, un vehículo ou unha nave, cunha precisión ata de centímetros usando GPS diferencial, aínda que o habitual son uns poucos metros.
Funciona mediante unha rede de 27 satélites (24 operativos e 3 de respaldo) que están en órbita.

Máis información
&imaxe

Grade

(Ferramentas)

Este aparello de labranza en forma de rella grande, de madeira ou de ferro, con dentes na parte interior, serve para achaiar a terra e desfacer terróns.
Actualmente as grades son moi distintas as antigas. Son de metais e de moito maior tamaño; tamén son moito máis pesadas e van enganchadas aos tractores. As antigas, a diferenza das modernas, eran tiradas por vacas, bois ou cabalos.


&imaxe

Grampadora

(Ferramentas)

Instrumento ou ferramenta que serve para unir con grampas.


&imaxe

Guindastre

(Mecánica)

Máquina composta dun brazo articulado sobre un eixe vertical xiratorio, e cunha ou varias poleas, que serve para mover ou erguer cargas pesadas.


Páxina 1
Listadas 5 das 5 que comezan por G ordeadas alfabeticamente dun total de 212