Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.
Listaxe de termos.
Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade
Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]
Páxina 1
Listadas 7 das 7 que comezan por I ordeadas alfabeticamente dun total de 212
Icona(Informática)Símbolo que aparece na pantalla do ordenador que representa unha aplicación ou un programa e que posibilita a súa execución premendo nel co cursor do rato. |
|
Illante eléctrico(Electricidade)Un illante eléctrico é aquel material que non conduce a electricidade. |
|
Illante térmico(Enerxía)Un illante térmico é todo aquel material que non conduce a calor. Este tipo de materiais úsanse na roupa, na construción, etc. |
|
Ingre(Ferramentas)Ingre tamén recibe en galego o nome de bigornia. No dicionario e-estraviz aparece bigorna, e como sinónimo safra/zafra, que é unha peza metálica maciza que se utiliza como soporte para traballar os metais. Meu pai que é fillo de ferreiro de Ferreiravella en Riotorno (Lugo) utilízaa amplamente. Poño unha foto dun mazo en Ferreiravella (case non se ve a ingre) A foto foi feita por un fotógrafo Alemán chamado Walter Ebelling que estivo por GZ a comezos do século XX e fixo moitas fotos do norte de Lugo. Hai anos fixemos unha exposición no noso cole (Navia de Suarna) coas súas fotos. Nesta ligazón podes ver unha poucas Máis información |
|
Intelixencia artificial(Control e Robótica)A intelixencia artificial dedícase ao desenvolvemento de axentes racionais non vivos, mediante a creación de sistemas artificiais capaces de percibir o seu entorno (sensores), procesar as percepcións (microprocesadores) e actuar no seu entorno (actuadores) de forma racional, é dicir, tomando decisións correctas e maximizando o resultado agardado. No futuro preténdese poder fabricar sistemas cuxo comportamento sexa semellante ao do cerebro humano. Máis información |
|
Intensidade da corrente(Electricidade)Cantidade de carga eléctrica que atravesa a sección dun condutor na unidade de tempo. A súa unidade é o Amperio (A) e mídese co amperímetro. |
|
Interruptor Xeral Automático (IXA)(Instalacións)Dispositivo de protección das instalacións eléctricas contra curtocircuítos ou contra sobrecargas. Ten coma finalidade interromper o subministro de enerxía eléctrica a toda a instalación. |
|
Páxina 1
Listadas 7 das 7 que comezan por I ordeadas alfabeticamente dun total de 212