tecnoloxia.org

Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.

Listaxe de termos.

Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade

Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]

Páxina 1
Listadas 12 das 12 que comezan por L ordeadas alfabeticamente dun total de 212

Todas  A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z
&imaxe

Labra

(Fabricación)

É o material que se desprende o levar a cabo determinadas operacións de fabricación tales como o tradeado, o cepillado, etc.


&imaxe

Lámpada

(Electricidade)

Unha lámpada de incandescencia é un dispositivo que produce luz por medio dun filamento metálico que se pon incandescente ao pasar a corrente eléctrica ao seu través

Máis información
&imaxe

Lapis de memoria

(Informática)

Pequeno dispositivo de almacenamento que utiliza memoria flash para gardar a información. Ademais de lapis chámase tamén chave ou pincho de memoria.


&imaxe

Lector de tarxetas

(Informática)

Un lector de tarxetas de memoria é un dispositivo utilizado para ler e pasar os datos dunha memoria de tipo flash (SD, MMC, SM, etc) ao ordenador. Estes dispositivos poden ser tanto internos ou externos.


&imaxe

Ligazón

(Informatica)

En informática, unha ligazón é unha conexión mediante un hipervínculo que salta a outra páxina.

Máis información
&imaxe

Linguaxe de programación

(Informática)

Unha linguaxe de programación é unha linguaxe informática consistente nun conxunto de instrucións nun código concreto que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o programador e o sistema informático, permitindo que os primeiros poidan comunicarse cos segundos que empregan o código máquina (en binario) mediante un sistema semellante á linguaxe humana.

Máis información
&imaxe

Lintel

(Estruturas e Arquitectura)

Lintel, lumieira, cubrición ou padieira é un elemento estrutural horizontal, que salva un espazo libre entre dous apoios. É o elemento superior que permite abrir ocos nos muros para conformar portas e xanelas.

Máis información
&imaxe

Liña aérea

(Electricidade)

Liña de transporte de enerxía eléctrica na que os condutores van polo aire sustentados en postes ou torres.


&imaxe

Liñas de cota

(Debuxo técnico)

Utilízanse nos debuxos técnicos. Son liñas paralelas á aresta que se quere acoutar e de lonxitude igual a ela. Sitúase no exterior da figura.


&imaxe

Lixa

(Ferramentas)

Papel que ten pegada nunha das caras unha capa de area, po de vidro ou outro material áspero, que se emprega para puír superficies de metal, madeira, etc. Antes de darlle o verniz, pásalle ben a lixa.


&imaxe

Lumieira

(Mecánica)

Nos motores de dous tempos as lumieiras son os condutos de admisión, transferencia e escape. Non existen válvulas coma nos motores de 4 tempos.
Os motores de dous tempos úsanse en motocicletas, motoserras, xeradores eléctricos, etc.

Máis información
&imaxe

Luvas

(Ferramentas)

Vestimenta que cobre a man, o puño e parte do antebrazo. Pode ter protección en aceiro inoxidable que protexe as mans contra cortes.


Páxina 1
Listadas 12 das 12 que comezan por L ordeadas alfabeticamente dun total de 212