tecnoloxia.org

Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.

Listaxe de termos.

Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade

Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]

Páxina 1
Listadas 10 das 10 que comezan por M ordeadas alfabeticamente dun total de 212

Todas  A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z
&imaxe

Machada

(Ferramentas)

Ferramenta cortante formada por unha folla ancha e forte,de forma de trapecio,con corte por un lado e un ollo para engastar o mango por onde se colle.


&imaxe

Madeira

(Materiais)

A madeira é un material sólido, orgánico, higroscópico (absorbe auga) e ortotrópico (crecemento diferente nas dimensións espaciais) obtido do tronco das plantas leñosas.
A súa utilización na ebanistería para a fabricación de mobles é unha das máis expandidas, o mesmo que a súa utilización na carpintería para construción de diversas estruturas, como navíos.
É un material illante da electricidade e da calor.
Existen diversos tipos de derivados da madeira moi utilizados: aglomerado, contrachapado, tablex, DM, etc

Máis información
&imaxe

Maleabilidade

(Materiais)

É a facilidade que presentan algúns materiais para se estender en láminas cando son comprimidos.
Materiais como os plásticos ou o vidro, nun estado pastoso como consecuencia de lles aplicar calor, ou mesmo ferro candente, son facilmente maleables.
Un exemplo de material laminado de uso cotián é o papel de aluminio.

Máis información
&imaxe

Mans libres

(Comunicación)

Chámanse mans libres aos dispositivos que se empregan para falar por teléfono sen ter a necesidade de usar as mans nin ter que soster os aparellos xunto á cabeza.
Existen diferentes tipos de mans libres, uns que usan cascos auriculares e outros que empregan un altofalante para aumentar o volume da voz.

Máis información
&imaxe

Martelo

(Ferramentas)

É unha ferramenta utilizada para golpear un obxecto, causando o seu desprazamento ou deformación.

Máis información
&imaxe

Máscara de rede

(Informática)

Conxunto de bits que serve para delimitar o ámbito dunha rede de computadoras. Especifica os bits dun enderezo IP que corresponden a unha mesma rede.


&imaxe

Mensaxe

(Comunicación)

Unha mensaxe é unha información conformada por unha secuencia de sinais que corresponden a regras de comunicación precisas, que é enviada dun emisor a un receptor por medio dunha canle que serve de soporte físico de transmisión.

Máis información
&imaxe

Mesa de mesturas

(Electrónica)

Conxunto de canais e amplificadores onde se trata o sinal procedente de diferentes micrófonos ou liñas, procedendo a subministrar saídas agrupadas ou individuais.

Máis información
&imaxe

Metroloxía

(Tecnoloxía)

A metroloxía é a ciencia da medida. Ten coma obxectivo o estudo dos sistemas de medida en calquera campo da ciencia e da tecnoloxía.

Máis información
&imaxe

Morteiro

(Materiais)

É un material aglomerante formado por area e cemento. Amasado con auga, forma unha pasta que torna dura.


Páxina 1
Listadas 10 das 10 que comezan por M ordeadas alfabeticamente dun total de 212