tecnoloxia.org

Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.

Listaxe de termos.

Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade

Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]

Páxina 1
Listadas 5 das 5 que comezan por O ordeadas alfabeticamente dun total de 212

Todas  A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z
&imaxe

Obradoiro

(Tecnoloxía)

Un obradoiro é un taller artesanal, ou un lugar onde traballa un artesán.
A Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela fai alusión ao taller de canteiros que traballaban para construír a catedral.


&imaxe

Operador Móbil Virtual (OMV)

(Comunicación)

Un Operador Móbil Virtual ou OMV (en inglés, Mobile Virtual Network Operator o MVNO) é unha compañía de telefonía móbil que non posúe unha concesión de espectro de frecuencia, e polo tanto carece dunha rede propia de radio. Para dar servizo, debe recorrer á cobertura de rede doutra empresa (ou empresas) con rede propia (un Operador Móbil con Rede, ou OMR) coa(s) que debe subscribir un acordo.

Máis información
&imaxe

Orde de arrinque

(Informática)

Esquema configurado na BIOS que especifica a orde secuencial dos distintos dispositivos nos que o sistema buscará o programa necesario para iniciar o equipo.


&imaxe

Orzamento

(Tecnoloxía)

Cálculo do custe dun proxecto ou obra, que se reflicte nun documento.


&imaxe

Ozca

(Ferramentas)

Entalladura en espiral dun parafuso.
Tamén é a concavidade ou fenda que hai nunha cousa para encaixar outra.


Páxina 1
Listadas 5 das 5 que comezan por O ordeadas alfabeticamente dun total de 212