Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.
Listaxe de termos.
Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade
Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]
Páxina 1
Listadas 12 das 12 que comezan por R ordeadas alfabeticamente dun total de 212
Radiación infravermella(Comunicación)Tipo de radiación electromagnética con lonxitude de onda maior cá da luz visible, pero menor cá das microondas. Utilízase, por exemplo, nos mandos a distancia, ratos ópticos ou en diversos sensores. Máis información |
|
Randeeira(Estruturas e arquitectura)Estrutura que consta dun asento suspendido sobre dúas cordas ou cadeas penduradas dunha barra horizontal, que se emprega para moverse cara adiante e cara atrás. |
|
Rañaceos(Estruturas e arquitectura)Denominación popular de edificios dotados dunha altura singular fronte aos demais e de unha forma xeral presentando formatos de torre. Normalmente posúen carácter multifuncional. |
|
Rato(Informática)Un rato é un dispositivo periférico de entrada que se conecta a un ordenador e permite o desprazamento pola pantalla segundo os movementos que o usuario fai sobre unha superficie, facilitando así o manexo do ordenador. Máis información |
|
Realidade virtual(Tecnoloxía)A realidade virtual é un sistema tecnolóxico baseado no emprego de ordenadores e outros dispositivos (gafas especiais, auriculares, traxes con sensores, etc.) que producen unha aparencia ficticia de realidade e que permite ao usuario ter a sensación de estar presente nela. |
|
Reciclaxe(Materiais)A reciclaxe é a transformación dos obxectos de cartón, papel, lata, vidro, algúns plásticos e residuos orgánicos, en materias primas que a industria pode utilizar de novo. A reutilización refírese ao conxunto de actividades que pretenden reutilizar partes de artigos que no seu conxunto chegaron ao termo da súa vida útil, pero que admiten un uso adicional para algún dos seus compoñentes ou elementos. Máis información |
|
Rede(Informática)Conxunto de equipos conectados por medio de cables, sinais, ondas ou calquera outro método de transporte de datos, que comparten información (arquivos), recursos (impresora) e servizos (acceso a Internet, correo electrónico, xogos, etc.). |
|
Rede de saneamento(Instalacións)Conxunto de condutos, canalizacións, conexións e outros dispositivos empregados para conducir as augas residuais e pluviais dun edificio á rede de sumidoiros pública ou a unha instalación particular de tratamento de augas. |
|
Regra(Debuxo técnico)Instrumento en forma de listón longo e estreito que se utiliza para trazar liñas rectas. |
|
Regreta de conexións(Electricidade)Conxunto de contactos metálicos illados electricamente entre si, perforados e provistos dun parafuso e montado sobre un material illante (plástico). Emprégase en instalacións eléctricas para realizar conexións entre cables de xeito doado. |
|
Roda(Mecánica)Son sistemas que serven para o transporte e para facilitar o traballo. Peza mecánica de forma circular que vira ao redor dun eixe que pasa polo seu centro. Máis información |
|
Ruído(Electrónica)Termo aplicada a calquera sinal eléctrico non desexado. Nos sistemas de comunicacións, son os sinais non desexados que interfiren na transmisión e na recepción do sinal. |
|
Páxina 1
Listadas 12 das 12 que comezan por R ordeadas alfabeticamente dun total de 212