Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.
Listaxe de termos.
Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade
Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]
Páxina 1
Listadas 8 das 8 que comezan por S ordeadas alfabeticamente dun total de 212
Sarxento(Ferramentas)É unha ferramenta que serve para suxeitar firmemente dúas ou máis pezas que van ser mecanizadas ou pegadas entre si. Utilízase tamén para suxeitar firmemente a peza na que vaiamos traballar sobre o banco ou mesa de traballo. En xeral, o seu mecanismo baséase en dúas mandíbulas unidas por unha guía que son as que premen as pezas. A presión conséguese mediante a utilización dun parafuso nunha delas ou nas dúas. |
|
Sen fíos(Comunicación)Chámase sen fíos á comunicación que non se transmite por cables, senón a través de ondas electromagnéticas, coma por exemplo a radio, as emisións televisivas, os sistemas wifi ou o sistema bluetooth. Cando a comunicación se realiza a través dunha conexión física por cables chámase comunicación con fíos. Máis información |
|
Serra(Ferramentas)Unha serra é unha ferramenta que serve para cortar obxectos duros como, por exemplo, a madeira. Normalmente conta cunha folla de aceiro dentada suxeita a un mango. Pode ser manual ou estar conectada a unha fonte de enerxía. |
|
Serrón(Ferramentas)Ferramenta que serve para cortar madeira; consta dun mango e unha folla de aceiro ancha, con dentes de serra en un dos seus bordos. |
|
Sinal(Tecnoloxía)Cantidade dunha magnitude eléctrica, acústica, óptica, etc., que pode empregarse para transportar información relativa a comunicacións, control, datos, cálculos, etc. |
|
Sinal analóxico(Electrónica)Termo utilizado en contraposición de “dixital”, para indicar aqueles dispositivos, variables ou sinais, de carácter non numérico, que representan os datos de modo continuo –analóxico-, en correspondencia cun determinado fenómeno físico. |
|
Sinal dixital(Electrónica)Sinal que, a diferenza do sinal analóxico, soamente pode tomar dous valores determinados e que representa a evolución do fenómeno cada certo período de tempo. Estes sinais poden tratarse coma un sistema binario, e son os utilizados nos ordenadores, teléfonos móbiles, calculadoras, etc. |
|
Soprete(Ferramentas)Aparello tubular no que se inxecta por un dos seus extremos unha mestura de osíxeno e un gas combustible, acetileno, hidróxeno, etc. que cando sae polo extremo oposto produce unha lapa de alto potencial calórico, utilizada para soldar e cortar metais. |
|
Páxina 1
Listadas 8 das 8 que comezan por S ordeadas alfabeticamente dun total de 212