Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.
Listaxe de termos.
Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade
Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]
Anterior · 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Páxina 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por nome
Curtocircuíto(Electricidade)Conexión de baixa resistencia a través dunha fonte de tensión ou entre dous puntos dun circuíto que normalmente orixina unha circulación excesiva de corrente que pode provocar danos. |
|
Crebanoces(Ferramentas)Instrumento que serve para crebar noces e outros froitos secos, como as abelás. |
|
Cravo(Mecánica)Pequena barra de metal rematada en punta e cunha cabeza no extremo oposto que se usa para unir pezas. O normal é chantar os cravos na peza coa axuda dun martelo ou unha pistola de cravos pneumática. Máis información |
|
CPU (Unidade Central de Procesamento)(Informática)Circuíto integrado principal do ordenador. É o seu cerebro, xa que nel residen a Unidade de Control (UC) encargada de xestionar todos os recursos, e a Unidade Aritmético Lóxica (ALU), encargada da realización de cálculos. Hoxe en día o termo CPU aplícase xeralmente a todos os microprocesadores. |
|
Cortiza(Materiais)A cortiza é a casca exterior feita de materia morta e dura da sobreira e dalgunhas outras árbores. Úsase para revestimento de paredes, chans, etc. Máis información |
|
Cortalumes(Informática)Un cortalumes (firewall en inglés) é unha parte dun sistema ou dunha rede que está deseñada para bloquear o acceso non autorizado, permitindo ao mesmo tempo comunicacións autorizadas. |
|
Convertedor A/D(Electrónica)Un convertedor é un dispositivo electrónico encargado de transformar un sinal analóxico nun sinal dixital e viceversa. O convertedor analóxico/dixital utilízase, por exemplo, nun termómetro dixital, xa que debemos transformar o sinal analóxico da temperatura nun sinal dixital que se poida amosar na pantalla. O convertedor dixital/analóxico necesitámolo, por exemplo, para poder escoitar música dun CD. O sinal dixital gravado no CD transfórmase nun sinal eléctrico analóxico que vai aos altofalantes. |
|
Controlador Lóxico Programable(Control e Robótica)Un Controlador Lóxico Programable ou PLC (Programmable Logic Controller), tamén chamado autómata programable, é un dispositivo electrónico utilizado na automatización industrial. Mediante programas almacenados no seu interior e diversos sensores, controlan o funcionamento das máquinas e procesos industriais e poden comunicarse con outros controladores e con ordenadores. A diferenza dos ordenadores, os PLCs están deseñados para traballar en ambientes industriais e non se quedan colgados. |
|
Contrasinal(Informática)Sinal que leva certa palabra o número para identificala ou diferenciala doutras e en especial, signo (palabra, frase, etc.) usado por dúas ou máis persoas para se identificaren entre si ou como sinal de algo. |
|
Contraforte(Estruturas e Arquitectura)Contraforte é a obra maciza que, acaroada a un muro ou parede, serve para reforzar os puntos de apoio de arcos ou trabes, ou ben o mesmo muro. Máis información |
|
Conexión(Electricidade)Contacto entre dúas partes dun sistema mecánico ou eléctrico, ou tamén unha conexión entre cables ou circuítos. |
|
Condutividade eléctrica(Electricidade)É a capacidade dun material para permitir o paso da corrente eléctrica. Canto maior sexa a condutividade dun material, menor será a resistencia que opón ao paso da corrente. |
|
Computador(Informática)Un ordenador, computadora ou computador, é unha máquina que realiza cálculos e controla operacións expresadas en termos lóxicos e numéricos. O ordenador é un sistema dixital con tecnoloxía microelectrónica, capaz de procesar datos a partir dun grupo de instrucións denominado programa. A estrutura básica dun ordenador inclúe microprocesador (CPU), memoria e dispositivos de entrada/saída (E/S), xunto ós buses que permiten a comunicación entre eles. |
|
Compás(Tecnoloxía)Instrumento que serve para a orientación no que están representados os puntos cardinais, cunha agulla que indica a dirección norte. Ten o seu fundamento na propiedade das agullas magnetizadas de orientarse na dirección do campo magnético terrestre. |
|
Coitelo(Ferramentas)Instrumento que consta dunha folla de metal con fío por un dos lados e unida a un mango, que se usa para cortar diferentes cousas. |
|
Anterior · 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Páxina 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por nome