tecnoloxia.org

Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.

Listaxe de termos.

Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade

Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]

Anterior · 1 2 3 4 5 Páxina 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por nome

Todas  A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z
&imaxe

Morteiro

(Materiais)

É un material aglomerante formado por area e cemento. Amasado con auga, forma unha pasta que torna dura.


&imaxe

Metroloxía

(Tecnoloxía)

A metroloxía é a ciencia da medida. Ten coma obxectivo o estudo dos sistemas de medida en calquera campo da ciencia e da tecnoloxía.

Máis información
&imaxe

Mesa de mesturas

(Electrónica)

Conxunto de canais e amplificadores onde se trata o sinal procedente de diferentes micrófonos ou liñas, procedendo a subministrar saídas agrupadas ou individuais.

Máis información
&imaxe

Mensaxe

(Comunicación)

Unha mensaxe é unha información conformada por unha secuencia de sinais que corresponden a regras de comunicación precisas, que é enviada dun emisor a un receptor por medio dunha canle que serve de soporte físico de transmisión.

Máis información
&imaxe

Máscara de rede

(Informática)

Conxunto de bits que serve para delimitar o ámbito dunha rede de computadoras. Especifica os bits dun enderezo IP que corresponden a unha mesma rede.


&imaxe

Martelo

(Ferramentas)

É unha ferramenta utilizada para golpear un obxecto, causando o seu desprazamento ou deformación.

Máis información
&imaxe

Mans libres

(Comunicación)

Chámanse mans libres aos dispositivos que se empregan para falar por teléfono sen ter a necesidade de usar as mans nin ter que soster os aparellos xunto á cabeza.
Existen diferentes tipos de mans libres, uns que usan cascos auriculares e outros que empregan un altofalante para aumentar o volume da voz.

Máis información
&imaxe

Maleabilidade

(Materiais)

É a facilidade que presentan algúns materiais para se estender en láminas cando son comprimidos.
Materiais como os plásticos ou o vidro, nun estado pastoso como consecuencia de lles aplicar calor, ou mesmo ferro candente, son facilmente maleables.
Un exemplo de material laminado de uso cotián é o papel de aluminio.

Máis información
&imaxe

Madeira

(Materiais)

A madeira é un material sólido, orgánico, higroscópico (absorbe auga) e ortotrópico (crecemento diferente nas dimensións espaciais) obtido do tronco das plantas leñosas.
A súa utilización na ebanistería para a fabricación de mobles é unha das máis expandidas, o mesmo que a súa utilización na carpintería para construción de diversas estruturas, como navíos.
É un material illante da electricidade e da calor.
Existen diversos tipos de derivados da madeira moi utilizados: aglomerado, contrachapado, tablex, DM, etc

Máis información
&imaxe

Machada

(Ferramentas)

Ferramenta cortante formada por unha folla ancha e forte,de forma de trapecio,con corte por un lado e un ollo para engastar o mango por onde se colle.


&imaxe

Luvas

(Ferramentas)

Vestimenta que cobre a man, o puño e parte do antebrazo. Pode ter protección en aceiro inoxidable que protexe as mans contra cortes.


&imaxe

Lumieira

(Mecánica)

Nos motores de dous tempos as lumieiras son os condutos de admisión, transferencia e escape. Non existen válvulas coma nos motores de 4 tempos.
Os motores de dous tempos úsanse en motocicletas, motoserras, xeradores eléctricos, etc.

Máis información
&imaxe

Lixa

(Ferramentas)

Papel que ten pegada nunha das caras unha capa de area, po de vidro ou outro material áspero, que se emprega para puír superficies de metal, madeira, etc. Antes de darlle o verniz, pásalle ben a lixa.


&imaxe

Liñas de cota

(Debuxo técnico)

Utilízanse nos debuxos técnicos. Son liñas paralelas á aresta que se quere acoutar e de lonxitude igual a ela. Sitúase no exterior da figura.


&imaxe

Liña aérea

(Electricidade)

Liña de transporte de enerxía eléctrica na que os condutores van polo aire sustentados en postes ou torres.


Anterior · 1 2 3 4 5 Páxina 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por nome