Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.
Listaxe de termos.
Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade
Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]
Anterior · 1 2 3 4 5 6 7 Páxina 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por nome
Grampadora(Ferramentas)Instrumento ou ferramenta que serve para unir con grampas. |
|
Grade(Ferramentas)Este aparello de labranza en forma de rella grande, de madeira ou de ferro, con dentes na parte interior, serve para achaiar a terra e desfacer terróns. Actualmente as grades son moi distintas as antigas. Son de metais e de moito maior tamaño; tamén son moito máis pesadas e van enganchadas aos tractores. As antigas, a diferenza das modernas, eran tiradas por vacas, bois ou cabalos. |
|
GPS(Comunicación)GPS (lido 'gue-pe-ese') ou Sistema de Posicionamento Global é un Sistema Global de Navegación por Satélite (GNSS) que permite determinar en todo o mundo a posición dun obxecto, unha persoa, un vehículo ou unha nave, cunha precisión ata de centímetros usando GPS diferencial, aínda que o habitual son uns poucos metros. Funciona mediante unha rede de 27 satélites (24 operativos e 3 de respaldo) que están en órbita. Máis información |
|
GNU(Informática)GNU é o sistema operativo desenvolvido polo proxecto GNU. O proxecto inclúe exclusivamente aplicacións libres, con licenzas que permiten as 4 liberdades da licenza GPL, e polo tanto facilitan o código fonte e permiten a súa modificación. Actualmente a única versión estable do sistema é GNU/Linux, que utiliza o cerne Linux. GNU pronúnciase "ñu" en galego, aínda que o máis habitual é deletrealo ("gue ene u"). Máis información |
|
Fusibilidade(Materiais)É a capacidade que teñen os materiais de pasar do estado sólido ó líquido. Os metais puros funden a unha temperatura determinada, chamada punto de fusión. As aliaxes, dependendo da súa composición, poden fundir nun rango de temperaturas. |
|
Freo de disco(Mecánica)Consta dunhas pastillas e un disco instalado no elemento que se desexa frear. Funciona pola fricción ou rozamento das pastillas cando fan presión no disco. |
|
Freo de cinta(Mecánica)Consta dunha cinta metálica que fai presión nun tambor instalado no eixe que se desexa frear. Funciona por fricción ou rozamento. |
|
Fouciño(Ferramentas)Instrumento de labranza de folla grosa e forte co mango máis pequeno có da fouce, que se utiliza para rozar. "Apañou o toxo co fouciño." SIN. fouce, gadaño. CF. podón. |
|
Forxado(Estruturas e Arquitectura)Denomínase forxado a un elemento estrutural superficial capaz de transmitir as cargas que soporta e o seu peso propio aos elementos verticais que o sosteñen, deixando un espazo diáfano cuberto. Máis información |
|
Forxa(Materiais)A forxa é o lugar de traballo do ferreiro ou forxador, ou arte que consiste en dar forma ao metal por medio do lume e do martelo. |
|
Formigoneira(Ferramentas)Máquina onde se prepara e mestura o formigón. |
|
Formigón(Materiais)É unha mestura de grava, area, auga e cemento, que fragua e torna dura. Ofrece unha gran resistencia á compresión. A súa densidade é variable e adhírese ao aceiro, co que se obtén o formigón armado. Pode utilizarse como aglomerante para a construción de pontes, estruturas, vigas e beirís. Máis información |
|
Forcada(Ferramentas)Instrumento de traballo agrícola con tres ou catro dentes. "Meteu a herba na palleira coa forcada." |
|
Fonte de alimentación(Electrónica)Na electrónica, unha fonte de alimentación é un dispositivo que converte a tensión alterna da rede de subministro, nunha ou varias tensións, practicamente continuas, que alimentan os distintos circuítos do aparello electrónico ao que se conecta (ordenador, televisor, impresora, router, etc.) |
|
Folla de Lata(Materiais)A Folla de Lata é un produto laminado plano de aceiro revestido cunha capa de estaño. É un material ideal para a fabricación de envases de metal, porque combina a resistencia mecánica e conformidade do aceiro coa resistencia á corrosión do estaño. |
|
Anterior · 1 2 3 4 5 6 7 Páxina 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por nome