Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.
Listaxe de termos.
Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade
Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]
Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por especialidade
Sen fíos(Comunicación)Chámase sen fíos á comunicación que non se transmite por cables, senón a través de ondas electromagnéticas, coma por exemplo a radio, as emisións televisivas, os sistemas wifi ou o sistema bluetooth. Cando a comunicación se realiza a través dunha conexión física por cables chámase comunicación con fíos. Máis información |
|
Operador Móbil Virtual (OMV)(Comunicación)Un Operador Móbil Virtual ou OMV (en inglés, Mobile Virtual Network Operator o MVNO) é unha compañía de telefonía móbil que non posúe unha concesión de espectro de frecuencia, e polo tanto carece dunha rede propia de radio. Para dar servizo, debe recorrer á cobertura de rede doutra empresa (ou empresas) con rede propia (un Operador Móbil con Rede, ou OMR) coa(s) que debe subscribir un acordo. Máis información |
|
Mans libres(Comunicación)Chámanse mans libres aos dispositivos que se empregan para falar por teléfono sen ter a necesidade de usar as mans nin ter que soster os aparellos xunto á cabeza. Existen diferentes tipos de mans libres, uns que usan cascos auriculares e outros que empregan un altofalante para aumentar o volume da voz. Máis información |
|
Ancho de feixe(Comunicación)Ángulo en graos medido entre os puntos do lóbulo principal de media potencia, ou -3 dB, con respecto á máxima potencia radiada efectiva, podendo estar indicado tanto con respecto ao plano horizontal coma ao plano vertical do diagrama de radiación da antena. Máis información |
|
Banda larga(Comunicación)Conxunto de tecnoloxías que permiten a transmisión integrada e simultánea de diferentes tipos de información a unha velocidade suficiente para o acceso a un ou varios servizos multimedia. Por exemplo, suficiente para cursar simultaneamente os sinais de telefonía, datos e TV. En castelán: banda ancha. En portugués: banda larga .En inglés: broadband |
|
Radiación infravermella(Comunicación)Tipo de radiación electromagnética con lonxitude de onda maior cá da luz visible, pero menor cá das microondas. Utilízase, por exemplo, nos mandos a distancia, ratos ópticos ou en diversos sensores. Máis información |
|
Cable de rede(Comunicación)Un cable de rede é un cable que serve para conectarse a Internet ou para conectar varios ordenadores entre si. Este cable utiliza un conector RJ-45. |
|
Fío Musical(Comunicación)Sistema transmisor de emisións de radio, musicais fundamentalmente, a través das liñas telefónicas. |
|
GPS(Comunicación)GPS (lido 'gue-pe-ese') ou Sistema de Posicionamento Global é un Sistema Global de Navegación por Satélite (GNSS) que permite determinar en todo o mundo a posición dun obxecto, unha persoa, un vehículo ou unha nave, cunha precisión ata de centímetros usando GPS diferencial, aínda que o habitual son uns poucos metros. Funciona mediante unha rede de 27 satélites (24 operativos e 3 de respaldo) que están en órbita. Máis información |
|
Mensaxe(Comunicación)Unha mensaxe é unha información conformada por unha secuencia de sinais que corresponden a regras de comunicación precisas, que é enviada dun emisor a un receptor por medio dunha canle que serve de soporte físico de transmisión. Máis información |
|
Proxector(Comunicación)Un proxector de vídeo ou canón proxector é un aparello que, empregando un sistema de lentes, concentra e dirixe os raios de luz na dirección desexada, e que se usa para alumear intensamente unha cousa, ou reproducir imaxes amplificadas sobre unha pantalla. |
|
Cámara Dixital(Comunicación)É unha cámara fotográfica que, no canto de capturar e almacenar fotografías en películas fotográficas como as cámaras fotográficas convencionais, faino dixitalmente mediante un dispositivo electrónico, ou en fita magnética usando un formato analóxico como moitas cámaras de vídeo. |
|
Teléfono móbil(Comunicación)Un teléfono móbil é un dispositivo de comunicación electrónico portátil que non require cables condutores para a súa conexión á rede telefónica. Conéctanse coa rede usando unha tecnoloxía sen fíos da transmisión da onda de radio por medio dunha rede celular de estacións base, que á vez enlaza coa rede de teléfono convencional. Ademais da comunicación por voz, pode incluír outras funcións como cámara fotográfica e de vídeo, mensaxes, reprodutor de mp3, acceso a internet, GPS, etc. |
|
Ultrasóns(Control e Robótica)É un son de frecuencia superior a 20000 Hz que non pode ser percibido polo ser humano, aínda que si poden percibilo algúns animais. Utilízase para facer sensores ultrasónicos que utilizan os robots para detectar a presenza de obxectos. Utilízanse tamén nos aparellos para facer ecografías. Máis información |
|
Detector de proximidade(Control e Robótica)Un transdutor ou detector de proximidade é calquera dispositivo capaz de responder cun sinal ante un obxecto situado no seu contorno. Este sinal pode ser posteriormente utilizado polo sistema (automatismo ou robot) Os detectores de proximidade indutivos funcionan a partir da variación dun campo magnético que se produce cando se achega un obxecto. Nos capacitivos o que varía é o campo eléctrico. |
|
Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por especialidade