Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.
Listaxe de termos.
Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade
Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]
Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por nome
Zoador(Electricidade)Receptor eléctrico que transforma a enerxía eléctrica en enerxía acústica. Funciona con corrente continua e poden ser de tipo magnético ou electrónico. |
|
Xofre(Materiais)Substancia química, de cor amarela e olor característico, sólida, de número atómico 16 e símbolo S. Emprégase no proceso de vulcanización no que se quenta caucho en presenza de xofre para que adquira maior dureza e flexibilidade. Ademais, úsase como fertilizante e na fabricación de pólvora, mistos e insecticidas, entre outros. |
|
Xigabyte(Informática)Unidade múltiplo do byte que equivale a 109 bytes ou 1000 megabytes |
|
Xerador(Electricidade)Máquina eléctrica cuxo obxectivo é converter en enerxía eléctrica calquera outra enerxía (mecánica, química...). O seu funcionamento depende do fenómeno de indución electromagnética. Existen diversos tipos de xeradores eléctricos: Síncrono, Asíncrono e de Corrente Continua. Máis información |
|
Xanela(Informática)En informática dise do marco gráfico do escritorio dun sistema operativo que soporta unha aplicación, programa ou documento. Tamén se di fiestra ou ventá. |
|
Voltaxe(Electricidade)A tensión ou voltaxe (V), é a enerxía por unidade de carga que proporciona unha pila ou fonte de alimentación. Mídese en Voltios (V) e mídese co voltímetro. Máis información |
|
Videoxogo(Informática)Os videoxogos son programas informáticos de carácter lúdico utilizados en ordenadores ou videoconsolas. Poden ser de moitos tipos. Máis información |
|
Verniz(Materiais)Substancia que se aplica a unha superficie para darlle brillo e protexela. |
|
Vasoiriña(Electricidade)Bloque de grafito, con ou sen cobre, utilizado para facer contacto eléctrico entre unha superficie fixa e outra móbil dunha máquina eléctrica |
|
Ultrasóns(Control e Robótica)É un son de frecuencia superior a 20000 Hz que non pode ser percibido polo ser humano, aínda que si poden percibilo algúns animais. Utilízase para facer sensores ultrasónicos que utilizan os robots para detectar a presenza de obxectos. Utilízanse tamén nos aparellos para facer ecografías. Máis información |
|
Tubaxe(Instalacións)Canalización que adoita ser de PVC e que conduce os residuos cara á súa evacuación, cun percorrido lixeiramente inclinado e un trazado o máis sinxelo posible para conseguir unha circulación natural por gravidade, evitando cambios bruscos de dirección. |
|
Trollo(Ferramentas)É unha ferramenta que consiste nunha folla metálica cunha agarradoira. Utilízase para aplicar morteiro ou xeso sobre unha parede. |
|
Troiano(Informatica)Un troiano ou cabalo de troia é un programa informático considerado malicioso, xa que permite controlar unha máquina remotamente sen consentimento do usuario. Funciona cunha estrutura cliente-servidor; os troianos veñen como mínimo con dúas partes, unha a parte servidor e outra a parte cliente, tamén poden traer outros programas para configurar estes dous. A parte servidor colócase no ordenador que se quere controlar, e desde a parte cliente controlamos ao servidor. Máis información |
|
Trencha(Ferramentas)Ferramenta de carpinteiro para desbasta-la madeira, formada por un mango e unha folla plana de metal, grosa e longa, afiada no extremo. Máis información |
|
Transmisión por cadea(Mecánica)É unha transmisión que consta de dúas rodas dentadas unidas por unha cadea. Transmite movemento circular entre eixes distantes. Pode ser multiplicadora ou redutora de velocidade. Nas bicicletas, a roda pequena chámase piñón e a grande chámase catalina ou prato. |
|
Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por nome