Revoltallo de termos

tecnoloxia.org

Presentación

cartazCon esta actividade preténdese defender a idoneidade do uso do galego no campo da ciencia e da tecnoloxía no marco do proxecto colaborativo “Xornada pola Ciencia e a Tecnoloxía en Galego” .

Traballarase concretamente o campo da tecnoloxía, e trataremos de dar a coñecer e difundir vocabulario técnico existente na nosa lingua, perfectamente válido para expresar e difundir tecnoloxía.

No ensino, o feito de afastar do galego determinadas materias do ámbito científico-tecnolóxico pode provocar a perda de vocabulario propio, xa que as linguas abarcan tódolos ámbitos e contextos. Para un bo coñecemento da lingua propia cómpre a súa utilización en calquera ámbito sen exclusión.

Non pretendemos facer un rigoroso glosario de termos, senón unha simple colleita de léxico tecnolóxico en galego de uso común que cómpre empregar e difundir.

Vídeo da actividade no IES Primeiro de Marzo:

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.