Revoltallo de termos

tecnoloxia.org

Procedemento

Primeira fase: A colleita

A través dun formulario web aloxado en tecnoloxia.org, comezaremos recollendo aquela terminoloxía propia do galego utilizada no campo da tecnoloxía. Calquera persoa pode participar. Comproba antes de engadir algún termo que non estea xa incluído na listaxe.

1. Termo:

Dá a coñecer unha palabra en galego utilizada en calquera especialidade tecnolóxica. Cómpre que sexa propia do galego, que sexa diferente do castelán ou do inglés.

Exemplo: Engrenaxe

2. Especialidade:

A que campo da tecnoloxía pertence? Introduce alí a especialidade tecnolóxica onde ten máis uso: informática, mecánica, electrónica, robótica…, tentaremos poñer algo de orde a este revoltallo de termos.

Exemplo: Mecánica

3. Descrición:

Pódese incluír a definición estrita de dicionario, pero se non é de doada comprensión para o público xeral non especialista convén introducir unha descrición que facilite a súa comprensión.

Exemplo: “Denomínase engrenaxe ou rodas dentadas ao mecanismo utilizado para transmitir o movemento dun compoñente a outro dentro dunha máquina. Ao moverse unha engrenaxe, os seus dentes empurran aos dentes doutra roda engrenada, provocando o seu movemento en sentido contrario. “

4. Imaxe: &imaxe

Unha imaxe vale máis ca mil palabras, de feito en tecnoloxía precisamos do debuxo técnico para expresármonos con claridade. Engade unha fotografía, debuxo ou animación que dea soporte á explicación do termo. A imaxe irá reducida a 150 píxeles de alto, así que envía imaxes que non sexan moi grandes. A imaxe debe estar en formato JPG, GIF ou PNG

5. Ligazón:

Podes incluír unha ligazón que nos permita ampliar a información. Debe ser en galego. Unha boa opción é dirixir á galipedia, enciclopedia libre en galego. Se o termo está incluído nela, estupendo, e se non o está, pode ser unha boa tarefa para traballar co alumnado en clase.

Exemplo: http://gl.wikipedia.org/wiki/Engrenaxe

 

Segunda fase: Actividades

Unha vez teñamos recompilado suficiente léxico será hora de traballar con el na xornada do 4 de novembro. Vai á sección de propostas de actividades. Alí atoparás algunhas ideas de traballo e tamén podes enviarnos as túas.

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.