Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.
Propostas de actividades.
Propostas de traballo co léxico recollido para a xornada:
No instituto: 
- Debuxar ou imprimir cada termo en grande e empapelar os corredores do centro con eles. O léxico tecnolóxico en galego á vista de todos e todas. (Ver resultado no IES Priemiro de Marzo)
- Tamén podes construír estas palabras utilizando letras en 3D.Podes imprimir uns modelos aquí: Letras en 3D ou aquí: Tipografía recortable.
- Outra opción é traballar cun programa de tratamento de imaxes coma Gimp ou Inkscape e facer uns cartaces ben chulos para ese día nos que se vexa unha imaxe e o termo.
- Que tal organizar un trivial ou xincana con estes termos? Se alguén se anima que nos envíe a actividade para difundila.
A través de Internet:
- Participar na galipedia ou no galizionario contribuíndo á difusión do léxico tecnolóxico en galego.
- Podedes utilizar diversas aplicacións web para facer un comic no que apareza o léxico tecnolóxico. En "Banda deseñada On-line" tes unha recompilación de recursos.
- Tamén podes traballar a animación por ordenador. Fai unha película de debuxos animados na que se fale de ciencia e de tecnoloxía en galego.
- Cando teñamos uns cantos termos recollidos haberá un apartado de xogos neste espazo web onde atoparedes o xogo do aforcado, encrucillado, parellas agochadas...
Tes outras ideas para traballar co léxico? Envíanolas para difundilas.
Envía a túa proposta a maria@tecnoloxia.org para engadila a este listado.
Recursos:
- DigaTIC, dicionario galego das TIC
- Tiboxe, consulta en liña de terminografía informática
- Dicionario da Real Academia Galega
- Recompilación de termos tecnolóxicos inglés-galego (mancomún)
- Glosario do IES Neiras Vilas
- Glosarios " profesionaliza a túa lingua":