Revoltallo de termos

tecnoloxia.org

Propostas

Propostas de actividades.

Propostas de traballo co léxico recollido para a xornada:

No instituto:

  • recortable.jpgDebuxar ou imprimir cada termo en grande e empapelar os corredores do centro con eles. O léxico tecnolóxico en galego á vista de todos e todas. (Ver resultado no IES Priemiro de Marzo)
  • Tamén podes construír estas palabras utilizando letras en 3D.Podes imprimir uns modelos aquí: Letras en 3D ou aquí: Tipografía recortable.
  • Outra opción é traballar cun programa de tratamento de imaxes coma Gimp ou Inkscape e facer uns carteis ben chulos para ese día nos que se vexa unha imaxe e o termo.
  • Que tal organizar un trivial ou xincana con estes termos? Se alguén se anima que nos envíe a actividade para difundila.

A través de Internet:

  • Participar na galipedia ou no galizionario contribuíndo á difusión do léxico tecnolóxico en galego.
  • Podedes utilizar diversas aplicacións web para facer un comic no que apareza o léxico tecnolóxico. En “Banda deseñada On-line” tes unha recompilación de recursos.
  • Tamén podes traballar a animación por ordenador. Fai unha película de debuxos animados na que se fale de ciencia e de tecnoloxía en galego.
  • Cando teñamos uns cantos termos recollidos haberá un apartado de xogos neste espazo web onde atoparedes o xogo do aforcado, encrucillado, parellas agochadas…

 

Tes outras ideas para traballar co léxico? Envíanolas para difundilas.

Envía a túa proposta a maria@tecnoloxia.org para engadila a este listado.

Recursos:

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.