Control e robótica

tecnoloxia.org

Arduíno

Que é Arduíno

arduino_uno_-_r3

[by SparkFunElectronics, CC BY, Flickr]

Arduíno é unha plataforma de electrónica aberta para a creación de prototipos baseada en software e hardware libres. Creouse para calquera persoa interesada en crear contornas ou obxectos interactivos.

Arduíno pode tomar información da contorna a través dos seus pins de entrada de toda unha gama de sensores e pode actuar controlando luces, motores e outros actuadores.

O microcontrolador na placa Arduíno prográmase mediante a linguaxe de programación Arduíno e a contorna de desenvolvemento Arduíno. O software pode ser descargado de forma gratuíta desde http://arduino.cc/

Pódese programar tamén utilizando contornas de programación gráfica; Visualino, S4A, Snap4Arduino, mBlock, etc.

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.