Control e robótica

tecnoloxia.org

Ascensor

Descrición:

Imos programar un ascensor de 3 pisos. Dispoñemos duns pulsadores nos que se marca o piso ao que desexamos ir. Uns sensores detectarán a posición da cabina en cada piso.
Simulación en Scratch:
Preme nos botóns da cabina para que se mova ata o piso que desexes.

Montaxe:

Debes incorporar:

  • Motor: Un motor de CC con controlador H-Bridge L293D que permita programar facilmente os cambios de sentido do motor.
  • Sensores: Podes utilizar sensores de contacto (microinterruptores finais de carreira) ou sensores de proximidade (sensores magnéticos reed) para detección da cabina en cada piso.
  • Pulsadores: Cada piso debe contar cun pulsador de chamada.
  • Panel da cabina: Podes simular a cabina fóra do ascensor construíndo un panel con pulsadores (un para cada piso), visualizador no que se mostre o piso no que se atopa, botón de emerxencia, etc.
ascensor_montaxe

[tecnoloxia.org CC By-SA]

Programa:

Traballa en primeiro lugar o movemento da cabina. Cando funcione correctamente engade os visualizadores.

Podes engadir nos diferentes procesos do programa o envío dun texto na consola, tipo “subindo”, “Piso=”, etc. Desa maneira poderás detectar erros, como se algún proceso non se executa ou se o programa non é quen de saír dunha rutina.

ascensor_fluxo

Propostas:

  • Que sucede se ao iniciar o programa o ascensor se atopa nunha posición intermedia entre varios pisos? Engade o necesario para que, nese caso, o ascensor baixe á planta baixa nada máis arrancar o programa.
  • Engade algún visualizador que indique en que piso se atopa o ascensor, se sobe ou baixa, etc. Podes usar uns simples LEDs, un display 7 segmentos ou unha pantalla LCD.
  • Como poderiamos facer para que o ascensor teña memoria e sexa quen de almacenar unha chamada mentres está en movemento? Dálle unha volta!
  • Proba simular un ascensor de máis de 3 pisos.
  • Podes simular un edificio con dous ascensores. Cando se realiza a chamada desde un piso achégase o ascensor que se atope máis cerca. Cando levamos un tempo determinado sen actividade, o ascensor que se atope máis preto á planta baixa baixará a ese nivel.

Deseño 3D

Podes deseñar o panel de control da cabina cun programa de CAD e imprimir as pezas cunha impresora 3D. Nel deberás incluír un pulsador para cada piso, dous LEDs para indicar se o ascensor sobe ou baixa e un display 7 segmentos no que se visualice o piso no que se atopa o ascensor. Toma as medidas dos compoñentes e imprime o mando. Inclúe no lateral uns orificios polos que sacar os cables, que deben estar etiquetados. Para o display 7 segmentos é recomendable utilizar un rexistro de desprazamento para non ter tantos cables.

Este é un exemplo:

panelcontrol_ascensor

Exemplo

Ascensor programado con Arduíno polo alumnado de Tecnoloxía Indusrial I. Reciclamos un ascensor de 2 pisos realizado polo alumnado de 2º de ESO. O alumnado de 4ºESO axudou no cableado dos compoñentes.


(Ascensor de 3 pisos from María L on Vimeo.)

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.