Control e robótica

tecnoloxia.org

Condicional if … else

Descrición: Acender e apagar

Imos ver como controlar o acendido e apagado dun LED premendo pulsadores, pero establecendo condicións. Por exemplo, na primeira práctica, cando prememos un pulsador o LED acéndese e cando o soltamos apágase.

Despois deberás conectar un segundo pulsador. Utilizando os operadores booleanos imos acender e apagar un LED segundo determinadas condicións.

Programas:

1. Pulsador NA

Imos acender e apagar un LED utilizando un condicional.

  • Conectamos un pulsador e un LED, coas súas resistencias de protección
  • Creamos unha variable “estado” que le o estado do pulsador
  • Utilizamos un condicional if … else … para indicar que cando o pulsador estea premido o LED deberá acenderse, e cando non deberá apagarse.

2. Operación AND

Utilizando un condicional, faremos que un LED acenda só no  caso de que premamos dous pulsadores á vez.

Debemos conectar dous pulsadores, un ao pin 2 e outro ao pin 3.

Propostas:

Conecta dous interruptores e dous LEDs, con cadansúas resistencias de protección e, utilizando as funcións condicionais, resolve os seguintes problemas:

  1. Ao revés!: Fai que un pulsador funcione de xeito que en repouso acende un LED e cando prememos apágao.
  2. Operación OR: Usando a operación OR (||), fai que un LED acenda cando prememos calquera dos pulsadores.
  3. Un pulsador para 2 LEDs: Inicialmente temos un LED aceso e outro LED apagado. Cando prememos nun pulsador o primeiro LED acéndese e o segundo apágase. Ao soltar volvemos á situación de partida.

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.