Control e robótica

tecnoloxia.org

Condicional if

Descrición: Temporización

Imos utilizar o condicional if … sen poñer o else. Desta maneira executamos un proceso cando se cumpre a condición, e no caso contrario non sucede nada.

Por exemplo, imos  facer que cando premamos no pulsador, un LED se acenda durante un tempo determinado e despois dese tempo se apague.

Programa:

  • Creamos unha variable que lea o estado do pulsador
  • Utilizamos o condicional if … pois non necesitamos que se execute ningún proceso cando o pulsador está desactivado.

Propostas:

Conecta dous interruptores e dous LEDs, con cadansúas resistencias de protección e, utilizando as funcións condicionais, resolve os seguintes problemas:

  1. Latexando:Fai que ao premer nun pulsador un LED latexe acendéndose e apagándose 3 veces e despois permaneza apagado.
  2. Unha función para cada pulsador: Temos dous pulsadores. Un encárgase de acender un LED e o outro de apagalo.
Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.