Control e robótica

tecnoloxia.org

Contador con límite

fluxo_while_contador_ifDescrición:

Imos poñer un límite ao contador, por exemplo, de 10 pulsos. Cada vez que prememos nun pulsador súmase un punto a un contador. Cando chega a contar 10 pulsos acéndese un LED durante 0,5 segundos e ponse a 0 de novo.

Para facelo imos empregar unha función ou subrutina, que definiremos previamente. No noso caso chámase “funcioncontador”. Cando queiramos que se execute invocámola.

  • Para definila usamos void funcioncontador() {…}
  • Cando queiramos que se execute invocámola: funcioncontador ();

Programa:

contador3_fluxo

Propostas:

  1. Función reset: Crea unha función reset() no programa anterior e invócaa cando o contador chega a 10.
  2. Contador con límite superior e inferior: Empeza en 0 e vai sumando ata chegar a 10. A partir de aí o contador vai descendendo ata chegar de novo a 0 e volve repetirse o ciclo. Utiliza dúas funcións, unha para o contador ascendente e outra para o descendente.

 

 

 

 

 

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.