Contador simple

Descrición:

Imos crear unha variable na que imos rexistrando o número de veces que prememos nun pulsador. Visualizaremos o valor desa variable na consola serie.

Máis adiante debemos mellorar este programa, pois verás como é posible que se rexistren varios pulsos cando prememos no pulsador.

Programa:

// Declaración de variables:

const int pulsador=2;
int conta = 0;        // Variable para gardar o número de pulsos
int estado;       // Variable que garda o estado do pulsador

// Configuración:

void setup() {     
 Serial.begin(9600);   //Inicia comunicación serial
}

// Programa:
 
void loop() { 
            
  estado = digitalRead(pulsador);
  
  if ( estado == 1 ) {
    conta++;                //Incrementa o contador
    Serial.println(conta);  //Imprime o valor por consola
    delay (200);            // Retardo
  }
  
}

Propostas:

  1. Fai as prácticas do contador mellorado, pois funciona mellor.

Deixa un comentario