Control e robótica

tecnoloxia.org

Control con potenciómetro

Descrición:

Imos mover un servo en función da posición do cursor dun potenciómetro conectado a unha entrada analóxica.

Montaxe:

Conectamos o servo ao pin 9 e un potenciómetro á entrada analóxica A0

servo_potenciometro_bb servo_potenciometro_esquema

Programas:

1. control con map

1. control con map: Imos transformar o valor lido na entrada analóxica (pot) nun valor de xiro para o servo utilizando a función map.

2. control con variación

2. control con variación: Imos controlar o xiro do servo establecendo unha variación no ángulo de xiro no canto de facer a conversión desde o valor analóxico ao xiro. Deste xeito non controlamos con precisión a posición do servo, pero podemos movelo de forma máis fluída.

Proposta:

  • Ventá automática: Supón que a apertura dunha ventá está controlada por un servo de xeito que cando hai moita luz no exterior a ventá se pecha e cando hai pouca se abre, mantendo sempre unha luminosidade constante no interior. Conecta unha LDR nunha entrada analóxica e fai que un servo de mova en función da luz incidente.

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.