Control e robótica

tecnoloxia.org

Conversión a PWM

Descrición:

Imos utilizar a función map(valor, min, max, Nmin, Nmax);  para converter o valor lido na entrada analóxica (que pode ser de 0 a 1023) a un valor que poidamos enviar a través dunha saída PWM (que ten un rango de 0 a 255)
pwm = map(valor,0,1023,0,255);

Despois enviamos ese valor a un LED conectado unha saída pwm, para que a súa luminosidade varíe en función da posición do cursor do potenciómetro.

Asemade, na consola serie podemos visualizar o valor que teñen as variables “valor” e “pwm” en cada momento.

Montaxe:

Utilizaremos a montaxe da práctica anterior de “Movendo un potenciómetro”, pero necesitaremos un único LED.

Programa:

Propostas:

  1. Variando a frecuencia: Fai un programa no que un LED escintile cun intervalo de 100 ms entre acendido e apagado cando leamos un valor 0 no potenciómetro. A medida que movemos o cursor vai aumentando o tempo ata que conseguimos que o LED escintile cun intervalo de 1000 ms cando lemos un valor de 1023 no potenciómetro.

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.