Control e robótica

tecnoloxia.org

Dado electrónico

320px-two_red_dice_01-svg

[CC0, public domain from wikimedia]

Descrición:

Queremos montar e facer funcionar un dado electrónico que marca mediante uns leds un número ao chou entre 1 e 6 cada vez que prememos nun pulsador.

Pode haber diferentes opcións de deseño:

  1. O dado amosa un número cada vez que actuamos sobre un pulsador. Para evitar múltiples lecturas primeiro agardamos a que se prema o pulsador e despois a que se solte, como vimos na práctica do contador mellorado. Nese momento xérase un número ao chou entre 1 e 6 e móstrase no dado. Pode acompañarse don son nun zumbador.
  2. Cada vez que premamos nun pulsador empezan a cambiar os números do dado electrónico rapidamente e de forma aleatoria. Cando prememos de novo no pulsador o dado marca un número ao chou entre 1 e 6. Como vas utilizar un único pulsador tanto para o arranque como para a parada do dado, cómpre que repases a práctica do pulsador con memoria. Podes tamén incorporar son.
[tecnoloxia.org CC By-SA]

[tecnoloxia.org CC By-SA]

Montaxe:

Monta 7 LEDs como aparece na figura. Non esquezas as resistencias de protección de 220Ω.

Monta ademais un pulsador cunha resistencia de 10kΩ.

Programa:

Para crear o programa debes crear unha función dado(num) na que se indiquen os diferentes casos.

Despois, no loop, podes chamar a función para que se execute

Para inicializar o xerador de números aleatorios e evitar que xere sempre a mesma secuencia, debes introducir no setup() a instrución:

Propostas:

  1. Podes facer o mesmo, pero utilizando un display 7 segmentos.
Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.