Descrición de Arduíno UNO

Na web de arduino.cc tes máis información sobre esta placa.

Visión global:

arduinounodescricion2

Partes:

Microcontrolador:

É o cerebro da tarxeta controladora Arduíno.

arduino_microcontrolador

Porto USB

Conecta a tarxeta Arduíno co ordenador para gravar o programa na memoria ou para enviar datos. Tamén alimenta a placa.

arduino_usb

Alimentación da tarxeta

Para que funcione a tarxeta sen tela conectada co USB ao ordenador, necesitamos conectar unha pila ou unha batería cunha tensión comprendida entre os 7 e os 12V.

arduino_alimentacion

Botón RESET

Serve para reiniciar o sistema ou a execución dun programa.

arduino_reset

Entradas e saídas dixitais

  • Pins 0 -> 13 : Pins dixitais de entrada e saída
  • Pin 0 (Rx): Recepción serie de datos
  • Pin 1 (Tx): Transmisión serie de datos
  • Pins ~ (3, 5, 6, 9, 10, 11): Pódense usar como saídas de sinal PWM
  • GND: Conexión a terra ou 0V

arduino_es_dixitais

Entradas analóxicas

  • Pins A0 -> A5: Permiten conectar ata 6 periféricos analóxicos de entrada

arduino_e_analoxicas

Entradas e saídas de alimentación

Permiten alimentar compoñentes, sensores, etc.

  • IOREF: Saída coa tensión á que traballa a tarxeta
  • 3,3V: Saída a 3,3V
  • 5V: Saída a 5V
  • GND: Conexión a terra ou 0V
  • Vin: Entrada de alimentación entre 7 e 12 V

arduino_power

LEDs

A tarxeta Arduíno Uno incorpora 4 LEDs: Un que indica que a placa está acesa, outro conectado ao pin 13 para comprobar o funcionamento da placa, e os LEDs que indican que se están transmitindo ou recibindo datos entre a tarxeta Arduíno e o ordenador.

arduino_leds

Arduíno UNO pinout

Nesta imaxe tes información máis completa dobre os pins de Arduíno. By bq CC By-SA from pighixxx.com (Descargar pdf)

arduino uno pinout
[By bq CC By-SA from pighixxx.com]

Deixa un comentario