Control e robótica

tecnoloxia.org

Entradas e saídas dixitais

Introdución: Sinais dixitais

niveisloxicosNun sinal dixital a información está codificada en dous únicos estados: 1 e 0. A cada un deles asígnaselle unha voltaxe ou rango de voltaxes determinado.

Por exemplo, un pulsador ten dous estados: en repouso é un 0 ou nivel baixo (LOW), e cando prememos envía un 1 (nivel alto ou HIGH) ao pin no que está conectado. Un LED tamén ten dous estados: apagado será o (LOW) e aceso 1 (HIGH).

Eses ceros e uns representan unha voltaxe determinada: 0 ou LOW será arredor de 0V, e 1 ou HIGH 5V.

pushbutton-on-off  led-lamp-red-on-off sinal_dixital
[tecnoloxia.org CC By-SA]

Pins E/S dixitais no arduino:

  • arduino_ES_dixitaisPins 0 -> 13 : Pins dixitais de entrada e saída
  • Pin 0 (Rx): Recepción serie de datos
  • Pin 1 (Tx): Transmisión serie de datos
  • Pins ~ (3, 5, 6, 9, 10, 11): Pódense usar como saídas de sinal PWM (verémolo máis adiante)
  • GND: Conexión a terra ou 0V

Guía de programación:

Definir variables:

int número enteiro

Por exemplo, definimos o nome “ledVerde” para  un LED e indicamos que está conectado ao pin 9:

Configuración:

pinMode(pin,modo)

Debemos indicar se os pins que imos utilizar son de saída ou de entrada.

Por defecto os pins están configurados como entradas, polo que non faría falta indicar as entradas dixitais na configuración, só as saídas.

Funcións dixitais:

digitalWrite(pin,estado)

Permite enviar un sinal dixital ao pin de saída indicado:

  • HIGH ou 1: envía 5V ao pin de saída
  • LOW ou 0: envía 0V ao pin de saída

 

digitalRead(pin)

Permite ler 0 ou 1 nun pin dixital de entrada.

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.