Control e robótica

tecnoloxia.org

Porta de garaxe

proxecto_garaxe_fluxo

Reto:

Trátase de programar a apertura e peche da porta dun garaxe. Este mesmo sistema podes utilizalo para programar unha ponte levadiza, o movemento dunha barreira ou un ascensor de dous pisos, pois estes proxectos prográmanse do mesmo xeito, con lixeiras modificacións.

  • Ao premer o pulsador 1 o motor xira nun sentido, abrindo a porta, ata que acciona o final de carreira FC1, entón para.
  • Ao premer no pulsador 2 o motor xira no sentido contrario, cerrando a porta, ata que acciona o final de carreira FC2, entón para.

Se o prefires, podes facer que a porta cerre automaticamente despois dun tempo, eliminando o pulsador 2.

Nesta simulación de Scratch podes ver o que se pretende:

Montaxe:

Compoñentes:

  • Arduíno, protoboard, cables
  • Motor de corrente continua (~ 5V) e controlador H-Bridge L293D
  • 2 pulsadores + 2 resistencias de 10kΩ
  • 2 microinterruptores + 2 resistencias de 10kΩ

identificación das patillas dun microinterruptor

Para ir realizando probas do programa monta nunha protoboard un controlador de motores, dous pulsadores coas súas resistencias de 10kΩ, e dous micro-interruptores final de carreira tamén con resistencias de protección de 10kΩ. Os microinterruptores finais de carreira actuarían tamén como pulsadores conectando a pata común (COM) e a normalmente aberta (NA) e deixando a NC libre.

Cando o programa funcione realiza as conexións sobre a porta de garaxe, substituíndo os compoñentes. Pode ser que necesites cambiar o sentido de xiro do motor. Conecta ademais outros dous pulsadores doutro lado da porta en paralelo cos anteriores, para que se poda abrir e cerrar a porta desde dentro e desde fóra.

Pins Arduíno:

Controlador de motor Pulsadores Finais de carreira LEDs
EnablePin E1:10 abrir: 2 Porta aberta FC1: 4 vermello:13
ControlPin1 I1:9 cerrar: 3 Porta cerrada: FC2: 5 verde:12
ControlPin2 I2:6

 

Programa:

  • Ver diagrama de fluxo.
  • Utiliza un controlador de motores para programar o movemento e parada do motor de corrente continua.
  • Fai a montaxe e programa as funcións “esquerda()”, “dereita()” e “parada()” para despois chamalas no programa cando se precisen. Por exemplo:
  • Utiliza un condicional para detectar a activación de cada pulsador:
  • Utiliza a función while (repetir mentres) para mover o motor mentres non se active o interruptor final de carreira.

Propostas de mellora:

  • Semáforo: Engade ao programa anterior un semáforo con dous LEDs: Estará activo o verde cando a porta estea aberta e parada. No caso contrario estará activo o vermello.
  • Inicio: Engade un programa no inicio que detecte se a porta está aberta cando conectamos o Arduíno e, nese caso, péchase. Despois o programa debe funcionar normalmente.
  • Peche automático: Se despois dun tempo determinado ninguén ordenou cerrar a porta, cerrará de forma automática. (Olla antes a páxina Medindo o tempo)
  • Célula fotoeléctrica: Instala aos lados da porta unha LDR e un LED láser apuntando cara a ela. Engade ao programa o necesario para que, se se interrompe o sinal cando a porta se está a pechar, o motor debe cambiar o sentido e abrirse ata que a LDR volva recibir o sinal, volvendo a iniciar entón o peche da porta.
  • Mando IR: No canto de usar pulsadores utiliza un mando e un receptor IR para iniciar a apertura e peche da porta.

 

Mostra:

Neste caso utilizamos unha porta de garaxe feita hai anos por alumnado da ESO e controlada mediante relés. Adaptouse o circuíto para controlala con Arduíno. Os acabados son algo chafalleiros, pero para traballar o control con Arduíno valeunos ben. Con esas tremendas escuadras a porta resiste terremotos!

proxecto_garaxe_cableado

[tecnoloxia.org CC By-SA]

Velaquí un vídeo da porta funcionando:

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.