Control e robótica

tecnoloxia.org

O IDE de Arduíno

arduino_ideAntes de comezar cómpre coñecer as diferentes partes da tarxeta Arduíno. Tes unha descrición nesta páxina.

Instalación da contorna de programación

Para programar o Arduíno podemos empregar o Arduíno IDE. O IDE é unha Contorna de Desenvolvemento Integrado, é dicir, unha aplicación que ten o necesario para poder crear programas, cargalos na tarxeta Arduíno e analizar os resultados.

Podes instalalo no teu ordenador indo a http://Arduíno.cc/en/Main/Software ou en Linux instalalo directamente desde os repositorios.

Configuración

Conecta a tarxeta Arduíno ao ordenador mediante un cable USB.

Abre o Arduíno IDE e, en “Ferramentas” ou “Utilidades” → “Tarxeta“, busca o teu modelo de Arduíno. No noso caso é Arduíno Uno. Pode ser que o programa xa a detectara automaticamente.

arduino_ide_tarxeta2

Podes necesitar configurar tamén o porto serie no que está conectada a tarxeta Arduíno: vai a “Ferramentas” → “Porto” e busca o porto serie ao que está conectado.

arduino_ide_tarxeta3

Se tes problemas para comunicarte co porto serie pode deberse á falta de permisos. En Linux, como administrador, conecta a placa, abre un terminal e escribe o seguinte. Despois reinicia o equipo para que os cambios fagan efecto permanentemente:

  • Incluír os usuarios no grupo dialout: sudo usermod -a -G dialout
  • Dar permisos para comunicarse co porto serie tyACM0: sudo chmod 777 /dev/ttyACM0
  • Crear un enlace simbólico ao porto: sudo ln -sf /dev/ttyACM0

Proba a tarxeta: Blink

Abre o programa “Blink” en Arquivo -> Exemplos -> Básicos -> Blink e descárgao na tarxeta Arduíno premendo no segundo botón superior descargar

Observarás que escintila o LED conectado ao pin 13. Iso significa que a placa funciona ben e se conecta perfectamente co ordenador, así que xa podemos comezar a programar.

arduino_ide_blink

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.