LED Láser

Descrición

Unha LDR e un LED Láser poden formar conxuntamente un sensor óptico de barreira. O láser debe apuntar á LDR e cando un obxecto interrompe o paso da luz a LDR detectará o cambio aumentando a súa resistencia.

ledlaser ledlaser_ldrledlaser_modulo
(1: Led laser, 2: Láser sobre LDR CC By-SA from instructables 3: módulo láser)

Hai moitos tipos de díodos láser. Para os nosos proxectos son suficientes os de baixa potencia. Ollo ás especificacións, pois hainos que funcionan a 3V e non poderías conectalos directamente a unha saída de Arduíno (5V) sen protección, xa que se poden deteriorar. Tamén hai dispoñibles no mercado módulos láser especiais para conectalos directamente a Arduíno, pero non está de máis utilizar unha resistencia limitadora de 470Ω no pin de alimentación do módulo para prolongar a vida do láser.

Programación

Para programalo mira a sección de sensor de luz. Debes realizar a medida da entrada analóxica á que está conectada a LDR cando o láser incide sobre ela e cando non. En función destes valores fai o programa que precises.

Exemplos

Neste vídeo tes un exemplo de funcionamento:

Neste outro vídeo podemos ver un contador láser e visualización nunha pantalla LCD

 

Propostas:

  • Alarma: Fai un programa que funcione como o primeiro vídeo. Como farías para manter a alarma acesa aínda que se aparte a man? Debería desactivarse ao premer nun pulsador.
  • Porta de garaxe: No proxecto da porta de garaxe instala aos lados da porta unha LDR e un LED láser apuntando cara a ela. Engade ao programa o necesario para que, se se interrompe o sinal cando a porta se está a pechar, o motor debe cambiar o sentido e abrirse ata que a LDR volva recibir o sinal, volvendo a iniciar entón o peche da porta.
  • Arpa láser: Fai un instrumento musical con LEDs láser e LDRs no canto de usar pulsadores como fixemos na práctica “piano” da sección de xogando co son. Cada vez que a man interrompe o paso dun feixe de luz soa a nota correspondente.

 

 


Deixa un comentario