Motor de corrente continua

motor_fritzing
[tecnoloxia.org CC By-SA, from Fritzing]

Descrición:

Se queremos traballar cun motor de CC pequeno, de pouca potencia, pode funcionarnos conectándoo directamente no Arduíno. Porén, se queremos potencia, a intensidade de saía que nos dá a placa Arduíno non vai ser suficiente, e necesitaremos un circuíto amplificador cun transistor.

Material:

  • Motor CD de 5 ou 6V
  • Resistencia de 330Ω
  • Transistor NPN de uso xeral (por exemplo BC547, 2N2222, etc)
  • díodo ( por exemplo 1N4001, 1N4007)

Montaxe:

motor_transistor_esquema motor_transistor_fritzing
[tecnoloxia.org CC By-SA, from Crocodile Clips and Fritzing]

Se o motor é moi potente non o conectes aos 5V da placa e utiliza alimentación externa.

Programas:

1. Arranca e para

1. Arranca e para: Imos facer que, de forma cíclica, un motor xire un pequeno intervalo de tempo e pare durante outro tempo.

// Declaración de variables:

int motor = 6;          // pin conectado á base do transistor

// Configuración:
void setup(){
  pinMode(motor, OUTPUT);
}

// Programa:

void loop(){
  digitalWrite(motor, HIGH);
  delay(1000);
  digitalWrite(motor, LOW);
  delay(1000);
}

2. Aumentamos a velocidade

2. Aumentamos a velocidade: Aumentamos a velocidade facendo medrar o valor de tensión que chega ao motor. Para iso utilizamos unha saída PWM (de 0 a 255)

// Declaración de variables:

const int motor = 6;        // Pin conectado á base do transistor

// Configuración:

void setup(){
  pinMode(motor, OUTPUT);
}

// Programa:

void loop(){
  
  for ( int n=0; n<255; n++){
    analogWrite(motor,n);
    delay(20);
  }  
  
}

Propostas:

  1. Ventilador automático. Conecta un sensor de temperatura á entrada analóxica A0. Se o sinal de entrada é menor que un determinado valor o motor está parado. Cun valor superior arranca.
  2. Control da velocidade con potenciómetro. Conecta un potenciómetro á entrada analóxica A0, cuxa lectura usaremos para variar o sinal que enviamos á base do transistor, variando a velocidade de xiro.

Deixa un comentario