Control e robótica

tecnoloxia.org

Movendo un potenciómetro

Descrición:

Imos ler o valor enviado por un potenciómetro a unha entrada analóxica e, segundo o resultado, executar unha serie de instrucións.

Montaxe:

Conectaremos un potenciómetro de 10kΩ de xeito que a patilla central c estea conectada á entrada analóxica A0, outra patilla a 5V e a que queda a masa.

Conectamos tres LEDs coas súas resistencias de protección aos pins 11, 13 e 13.

Programas:

1. Lectura serial

1. Lectura serial: Imos ler na consola serie o valor que nos dá un potenciómetro en función da posición do cursor.

2. Acender un LED

2. Acender un LED cun potenciómetro: Podemos utilizar a información que lemos na consola sobre o valor dun potenciómetro en función da posición do cursor para acender un LED cando o potenciómetro supere un determinado valor.

3. Rangos

Segundo sexa a lectura do potenciómetro executamos catro procesos diferentes. Imos utilizar a estrutura de control switch/case, pero podería facerse tamén con if … else

Propostas:

  1. Cada LED nun rango: Utiliza a estrutura if … else para programar o seguinte: Temos tres LEDs conectados aos pins 11, 12 e 13. O primeiro LED verde débese acender no rango de 50 a 360 da lectura do potenciómetro, o segundo LED amarelo no rango 351-700 e o terceiro LED vermello no rango 701-1023.
  2. Máis estados: Fai a montaxe con 5 LEDs e, utilizando a estrutura switch/case  fai o programa con 6 estados diferentes, desde todo apagado a todo aceso.
  3. Alerta: Nos casos anteriores, engade intermitencia ao LED vermello.

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.