O tanque de auga

Descrición

[tecnoloxia.org CC By-SA]
[tecnoloxia.org CC By-SA]
Deseña un sistema que nos vaia indicando o nivel de auga dun recipiente. O sistema de aviso dos diferentes niveis de enchido pode ser unha serie de LEDs ou a visualización nunha pantalla LCD. É útil que o recipiente poda baleirarse pola parte inferior, polo que pode ser de interese traballar cunha botella de plástico con billa na parte inferior (téñoas visto nos bazares chineses).

Moito coidado coa auga!! pois a electrónica non se leva nada ben con ela. Mantén o recipiente o máis lonxe posible da placa Arduíno.

sensores_nivel_auga
[tecnoloxia.org CC By-SA]

Sensores

Que sensores poderías utilizar? Existen diversos tipos de sensores de nivel de auga comerciais, pero igual non compensa mercalos co orzamento que temos. Aquí tes unhas ideas:

Con cables:

Se o teu é montar circuítos electrónicos, a opción máis económica é fabricar o nosos propios sensores cuns cables, resistencias e transistores. Tes o esquema á dereita.

Nesta páxina tes un exemplo: arduino-water-level-indicator-controller

sensores_nivel_auga2

Co sensor T1592 P:

sensor_nivel_auga
[imaxe de emartee.com]
Unha opción económica é utilizar un sensor de nivel específico para Arduíno: water sensor T1592 P. O problema é que a diferenza de nivel que pode detectar é duns poucos centímetros, pero a conexión é moi simple: dous pins para a alimentación e o que queda a unha entrada analóxica do Arduíno. Segundo sexa o nivel de auga obteremos un valor analóxico diferente. Terás que realizar a calibración para observar as medidas nos diferentes niveis.

sensor_nivel_auga2

Con sensor ultrasónico

ultrasonidos-agarre-04-231x300
[imaxe de programarfacil.com]
Outra opción é utilizar un sensor ultrasónico na parte superior do recipiente. Debes construír un sistema de suxeición do ultrasónico de xeito que quede paralelo á superficie da auga e, importantísimo, que non se molle!

Deberemos calibrar as medidas e observar o valor que nos dá. Segundo os valores obtidos realizaremos a programación de acendido dos LEDS ou da mensaxe na LCD

Nesta web tes unha descrición da lectura con ultrasónico e visualización con LCD.

 

Propostas

  1. Bomba de auga: Podes engadir unha pequena bomba de auga somerxible, de xeito que cando o recipiente está baleiro a bomba se active e cando está cheo pare. A auga que eliminemos a través da billa da parte inferior debe ir ao recipiente da bomba, formando un circuíto cerrado.
    bomba
    [tecnoloxia.org CC By-SA]

Deixa un comentario