Control e robótica

tecnoloxia.org

Ideas para proxectos

Fonte programada:

fonte

[Franck Michel CC By from Flickr]

Trátase de controlar os chorros (tempo, velocidade) das bombas de auga dunha fonte. Podemos ter un chorro central (bomba1) e outros laterais (bomba2). Pódense engadir ademais efectos de luz incorporando LEDs RGB que cambian de cor en cada secuencia.

Interésache practicar previamente:

Órgano:

organo

[tecnoloxia.org CC By-SA from Fritzing]

Trátase de facer un órgano electrónico. Podes fabricar o teclado utilizando pulsadores, microinterruptores con panca, sensores de contacto, etc (elixe ti). Incorpora un altofalante con amplificador no canto dun zumbador.

No esquema aparecen os pulsadores correspondentes ás 7 notas.

Interésache practicar previamente:

Poderías engadir dous modos a elixir no inicio do programa: Manual ou automático. No modo manual cada pulsador toca unha nota determinada. No automático cada pulsador executa unha melodía predefinida.

Podes facer que se visualice na consola ou nunha pantalla LCD cada nota ou melodía que soa.

Marcador deportivo:

marcador

[By Elisardojm CC BY-SA from Wikimedia Commons]

Fai un marcador para os campionatos do instituto. Fabrica os teus propios displays 7 segmentos con tiras de LEDS sobre un taboleiro de contrachapado previamente vernizado, un para o equipo 1 e outro para o equipo 2. Tamén podes facer un impreso en 3D.

Cada vez que un equipo marca un gol, engádese 1 ao contador correspondente premendo nun pulsador. (Haberá un pulsador para cada equipo).

Como se trata dun display dun díxito, debemos poñer un límite de 9 goles. A partir de aí volverá a 0.

Interésache practicar previamente:

Podes engadir dous novos pulsadores para descontar no caso de que haxa unha equivocación ou se anule un gol.

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.