Control e robótica

tecnoloxia.org

Plotter serie

Descrición

Xa utilizamos o monitor serie para mostrar valores de variables do noso programa, pero en certas ocasións pode resultarnos útil observar os valores en forma de gráfica. Para iso imos utilizar o Serial Plotter, incorporado desde a versión 1.6.6 e que se atopa na barra de ferramentas.

plotter_serie1 plotterserie2

Para mostrar unha variable no plotter procedemos da mesma forma que cando imprimiamos o valor na consola serie:
Se queremos mostrar varias variables na mesma gráfica, só temos que imprimir as variables polo porto serie separadas por comas. O plotter debuxará cada variable cunha cor diferente.

Práctica:

Exemplo: gráficas trigonométricas

Propostas:

  1. Plotter: Utiliza o plotter serie para visualizar a variación dunha variable lida nunha entrada analóxica. Por exemplo, cun potenciómetro ou unha LDR.
Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.