Control e robótica

tecnoloxia.org

Pull-up e pull-down

pulsador_pulldownDescrición

Cando queremos enviar un sinal de entrada a Arduíno mediante un pulsador, un interruptor ou calquera sensor dixital engadimos unha resistencia conectada como na imaxe da dereita. Imos ver por que.

O que non debemos facer

interruptor_mal1

Cando queremos recibir o sinal dun pulsador a través dunha entrada dixital, o primeiro que se nos podería ocorrer é conectalo directamente desde Vcc ata o pin de entrada no Arduíno.

Cando prememos no pulsador obtemos 5V (HIGH) á entrada. O problema é que cando o pulsador non está premido non podemos saber con certeza cal é o estado no que se atopa o pin, pois non está conectado a nada.

niveisloxicosPodemos imaxinar que se atopa a 0V (LOW), pero non ten por que ser así: debido ao ruído eléctrico, variacións na fonte de alimentación, etc., a interpretación do sinal pode ser tanto LOW como HIGH. Estariamos nun caso de indeterminación, que non nos interesa.

Por suposto que tampouco podemos conectar o pulsador como se ve na seguinte imaxe, pois estariamos provocando un curtocircuíto!

interruptor_mal2

Resistencias pull down e pull up

O modo correcto de conectar un pulsador ou calquera outro sensor que envíe un sinal de entrada á placa Arduíno é mediante a conexión de resistencias en modo pull-down ou pull-up. Estas configuracións aseguran os sinais LOW e HIGH no pin dixital do Arduíno.

Pull down: Pull up:
  • estado LOW cando o pulsador non está premido
  • estado HIGH cando prememos.
  • estado HIGH cando o pulsador non está premido
  • estado LOW cando prememos.
interruptor_pulldown interruptor_pullup

 

De xeito xeral usaremos unha resistencia de 10kΩ.

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.