Pulsadores controlando LEDs

Descrición:

Imos ver como controlar o acendido e apagado dun LED premendo en pulsadores.

Material:

  • Arduino UNO e placa de prototipos
  • 2 LEDs
  • 2 Pulsadores de contacto
  • Resistencias: Para os LEDs: 220Ω (ou outro valor menor que 1kΩ) Para os pulsadores: 10kΩ

Montaxe:

Conectaremos un LED cunha resistencia de 220Ω en serie igual que fixemos na primeira práctica.

O pulsador conectarémolo na parte central da protoboard, segundo o seguinte esquema:

    

Máis adiante necesitarás conectar outro pulsador e outro LED.

Programas:

1. Pulsador NA

O LED acéndese ando prememos nun pulsador e apágase cando o soltamos.

// Declaración de variables

const int led = 13;        // Pin 13 asignado a un LED
const int pulsador = 2;    // Pin 2 asignado a un pulsador

// Configuración

void setup(){
  pinMode(led, OUTPUT);      // Configuramos o LED como saída. 
}

// Programa

void loop() {
  digitalWrite(led,digitalRead(pulsador));    // Transmitimos ao LED o valor do pulsador
}

2. Variable estado

Podemos facer o mesmo definindo unha variable “estado” que lea o valor do pulsador (o ou 1). O programa escribirá no LED o valor que toma esta variable:

// Declaración de variables:

const int led = 13;        // Pin 13 asignado a un LED
const int pulsador = 2;    // Pin 2 asignado a un pulsador
int estado = 0;            // Variable na que apuntamos o estado do pulsador

// Configuración:

void setup(){
  pinMode(led, OUTPUT);      // Configuramos o LED como saída
}

// Programa:

void loop() {
  estado=digitalRead(pulsador);  // Lemos o estado do pulsador (0 ou 1) e gardámolo na variable "estado"
  digitalWrite(led,estado);    // Transmitimos ese valor ao LED
}

Propostas:

  1. Cada pulsador un LED: Conecta dous pulsadores e dous LEDs, con cadansúas resistencias de protección. Fai que cada pulsador controle un LED.

Deixa un comentario