Recursos

autodeskcircuits
[From Autodesk circuits]

Autodesk 123D Circuits

Autodesk 123D Circuits é unha aplicación web que permite crear e compartir online proxectos de Arduíno. Só tes que conectar os compoñentes nunha protoboard, engadir o código, probalos e compartilos.

fritzing_logo_new
[By Fritzing Team CC By-SA from wikimedia]

Fritzing

Fritzing é un software de código aberto que permite ilustrar e documentar prototipos de Arduíno. Pode resultar útil para os nosos proxectos.

Código de cores das resistencias

Se tes unha montaña de resistencias enriba da mesa e necesitas axuda para clasificalas, podes usar esta aplicación:
[Scratch: Código de cores das resistencias]
Se premes en “Cores” debes elixir as cores da resistencia e dará o valor da mesma.
Se premes en “Valor” debes introducir o valor da resistencia e mostrará as cores.

Datasheet

Se vas traballar con compoñentes electrónicos cómpre coñecer as especificacións dos mesmos. Cando non teñas claras as cousas busca en Internet para identificar as diferentes patillas e pins, os valores de intensidade ou voltaxe, o rango de medida, etc.

alldatasheet.com

 

 


Deixa un comentario