Control e robótica

tecnoloxia.org

Seguridade

Aquí van algunhas ideas de proxectos relacionados coa seguridade

Caixa de seguridade

Utiliza como referencia o programa “clave” da sección  teclado matricial e engade o necesario para realizar melloras:

  • [tecnoloxia.org CC By-SA]

    [tecnoloxia.org CC By-SA]

    Uns LEDs indican se o sistema está ou non bloqueado.
  • Un zumbador emite diferentes tons (pulsación, reset/bloqueo e desbloqueo)
  • As mensaxes deben mostrarse nunha pantalla LCD
  • Un servo recibirá as ordes de abrir ou pechar a caixa de seguridade. Podes utilizar unha caixa de cartón cunha ventá común entre a caixa e a tapa. Nunha posición o brazo do servo atravesará a ventá non permitindo que se abra e noutra posición quedará libre.

Clave de acceso:

Para que ninguén ande a fedellar nos proxectos podemos engadir unha clave. O proxecto funcionará normalmente cando o sistema estea desbloqueado. Unha vez programado, engade este programa ao dun proxecto xa construído. Deberá funcionar só cando o sistema estea desbloqueado.

Sistema de alarma:

Imos emular un sistema de alarma nunha vivenda. Podes facelo nunha pequena maqueta de cartón.

[Public Domain]

  • Sensores: Incorpora un sensor en cada ventá e en cada porta da vivenda, de xeito que o sensor envíe un sinal cando se abran. Podes utilizar un microinterruptor ou un sensor reed + un imán. Tamén podes incorporar un sensor PIR para unha estancia da vivenda.
  • Activación: A alarma actívase mediante un número de 4 díxitos que se debe introducir pola consola serie. Cando a alarma está activada debe mostrar a mensaxe “Alarma activada”.
  • Saída: No momento en que calquera sensor instalado na vivenda detecte a entrada dun intruso, deberá aparecer na consola a mensaxe “Presencia de intruso, sistema disparado”. Ademais debe soar un zumbador e acenderse e uns LEDs de maneira intermitente simulando un sinal de bombeiros ata que se desactive a alarma.
  • Desactivación: Para desactivar a alarma débese introducir a través da consola un código numérico de 4 díxitos diferente ao de activación. No momento de desactivala aparece a mensaxe “Alarma desactivada” e apagaranse o zumbador e os LEDs.
  • Erro: Se os códigos introducidos para a activación e desactivación son erróneos, aparecerá a mensaxe “Código erróneo” na consola e volverá pedir introducilos. Podes establecer un límite de tres intentos.

Cando isto funcione pode mellorar o proxecto substituíndo a consola por unha pantalla LCD para mostrar o texto e un mando IR ou un teclado matricial para introducir os códigos.

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.